Biocubafarma garante a produción dos medicamentos probados con éxito en China contra o Covid-19

Walkiria Juanes – Yaditza del Sol (Granma)

A industria farmacéutica cubana garante a produción de fármacos probados e con alta eficacia, como o Heberon Alfa R, marca comercial do Interferón Alfa 2B Humano Recombinante, amais doutro grupo de medicamentos incluidos no  protocolo para atender pacientes con esta enfermidade e as complicaciones que puidesen derivarse. Sen existir ainda no mundo unha vacina para o Covid-19, a experiencia Chinesa recomenda o uso de interferón contra o andacio, a partir dun inquérito no que o específico cubano resulta superior ao catálogo dos poderosos grupos de presión da industria farmacéutica dos EUA e aliados

Imaxe de recente rolda de prensa de Biocubarma para informar dos sobresaintes resultados dos seus específicos contra o andacio manifestado en Wuhan.

Criado nos laboratorios cubanos dende os primeiros 80, e ensaiado con éxito mediante unha terapéutica orixinal, o Interferón foi o medicamento de elección dende a primeira infestación sobrevida en Wuhan (China) do Covid-19. Foi a empresa mixta cubano-chinesa Changchun Heber Biological Technology, situada en Jilin, a que forneceu o fármaco para o estado de emerxénccia de Wuhan que, no de hoxe, utilízase para o tratamento preventivo de persoal vulnerábel e de profisionais da asistencia así como para enfermos de Covid-19 en forma de nebulización, unha vía rápida para chegar aos pulmóns e actuar nas etapas primeiras do contaxio.

Marta Ayala Ávila, vicedirectora do Centro de Ingeniería Xenética e Biotecnología (CIGB) de Cuba, comentou que Cuba dispón de medios e reservas para a aplicación do medicamento, producido na empresa mixta que leva o nome de Innovative Immunotherapy AllianceAlianza Anovadora de Inmunoterapia, instalada na Zona Especial de Desarrollo de Mariel (ZEDM), nos laboratorios de Biocubafarma e na empesa mixta de Jilin.

A vicedirectora recordou que o Interferón é unha resposta natural do propio organismo ante os ataques virales, como primeira resposta orgánica do sistema inmune para combater a enfermidade, probada con bon resultados contra o SARS no 2002 e o MERS no 2012. Estudos posteriores probaron que estes virus, no canto de inducir a creación de interferón no organismo, diminúen a produción destas moléculas.

Eulogio Pimentel Vázquez, director xeral do CIGB, comentou que Cuba dispón dunha reserva de Interferón equivalente á cantidade necesaria para tratar ao total dos infectados no andacio de China. O medicamento forma parte dos protocolos do Ministerio de Saúde Pública (Minsap) para pacientes de Covid-19 e para atender demandas dos ministerios de saúde de varios países. Nese sentido, Pimentel asegurou que o centro ten capacidade non só para atender a demanda conxuntural do país, senón para satisfacer tamén as 15 solicitudes que até hoxe chegaran a Cuba doutras nacións, tanto de información como de adquisición do produto.

Explicando os resultados do Heberon Alfa-R  en China e as perspectivas da industria farmacéutica cubana, Eduardo Martínez Díaz, director de BioCubaFarma, dixo en rolda de prensa que 15%  dos medicamentos do listado farmacéutico da illa, están a faltar polos atrancos que a diario inventa o bloqueo para frustrar a compra de materia prima e repostos dos equipos precisos para as liñas de fabricación. O cerco dos EUA contra Cuba rfai que certos provedores resistan a venda de equipos a causa das sancións ilegais coas que o goberno de Washington penaliza contra toda lei este comercio. “De feito –dixo- o bloqueo impídenos dispor dunha importante cantidade de recursos financeiros”.

Unha reflexión sobre “Biocubafarma garante a produción dos medicamentos probados con éxito en China contra o Covid-19”

  1. Non entendo (ou si), que interese poden ter as autoridades (económicas e políticas) do mundo capitalista para non usar este medicamento. Como tampouco entendo (ou si) por que non se seguen os procedementos usados con éxito na China.
    Non será que no capitalismo é prioritario o negocio diante da saúde das persoas? E se de paso podemos limitar liberdades, controlar poboación, fomentar o nacionalismo español, sacar o exército á rúa… pois mellor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *