BNG, UP, IU-EU e nacionalistas bascos e cataláns esixen no Congreso o fin do Bloqueo

Terra Sen Amos – Redacción

O universal propósito de rematar o criminal Bloqueo contra Cuba, xuntou por un intre a Triple Alianza de Galiza, Eukadi e Catalunya, a histórica Galeuzca á que agora súmase Unidas Podemos. As formacións nacionalistas presentaron na quarta feria 2 de xuño unha proposición non de Lei perante a Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso para o goberno do Estado intervir na súa condición de aliado estratéxico, socio da OTAN e axente clave na rede nuclear dos EUA, e  pedirlle ao goberno de Washington que cese o bloqueo contra Cuba.

A teima dos EUA contra Cuba, rebordou 60 anos e foi asunto de primeira importancia para 11 inquilinos da Casa Branca.

As formacións políticas desta alianza de Unidas Podemos coas nacionalidades do Estado Español contra o Bloqueo, enxértanse en todo o espectro de tendencias do Congreso desde esquerda independentista a conservadores autonomistas e socios do goberno do PSOE. O partido que goberna a autonomía de Catalunya está coa moción.

BNG, Unidas Podemos, IU-EU, ERC, EH Bildu, CUP, Junts per Catalunya e Compromis condenan o ilegal instrumento intervencionista do Bloqueo e remarcan que é contrario ao dereito internacional limitar o dereito básico de relación entre Estados, como está a facer EUA con Cuba, e resulta infame aplicalo en tempo de excepcional emerxencia sanitária como é a Pandemia.

Os partidos asinantes entenden que o actual inquilino da Casa Branca representa unha xestión con matices distintos da anterior presidencia o que podería significar unha oportunidade para Estados Unidos librarse da vergoña do asedio máis prolongado da era actual. Ante a opinión aldraxada da Asemblea das Nacións Unidas, é o criminal cerco aplicado polo pais máis armado da historia da humanidade contra un pequeno arquipélago no Caribe, cativo e sen recursos, e grande en solidariedade, defensa da independencia e xustiza socialista.

O nome Galeuzca é un acrónimo de Galiza, Euskadi e Catalunya, ideado en 1923 como alianza para a reivindicación nacionalista, recuperado no 41 para combater o rexime fascista e reivindicar a independencia defendida coma direito na carta de San Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *