BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS

José Manzaneda – Cubainformación.

O plano de alfabetización de Bolivia, realizado en 30 meses mediante un acordo entre Bolivia Cuba e Venezuela, e dotado con 20 millóns de dólares, conseguiu para Bolivia da UNESCO a cualificación de “libre de analfabetismo”. Os resultados da alianza do Alba empequenecen os da cooperación de Suecia, España, Holanda, Finlandia e Bélxica, que entre 2002 e 2009, cun investimento de 11 millóns de dólares en diferentes proxectos, apenas deu alfabetizado 120 mil persoas.

Os amplos espazos que os grandes medios reservan para a cooperación en países empobrecidos, por parte de governos ricos, empresas e particulares de países do Norte, non se corresponden cos ruins resultados acadados. A suma de todas as cantidades donadas segue a estar ben lonxe do compromiso dos países ricos –refrendado en 1970 en Nacións Unidas- de aportar o 0,7 % do seu PIB á cooperación internacional. Nos últimos anos, as cantidades da cooperación reducíronse radicalmente: só en 2011, EEUU recortóu un 31%, Alemania un 47%, Canadá un 50% e España un 65%.

BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOSA farsa da suposta solidariedade dos países ricos co Terceiro Mundo mal pode comparar os seus ruins resultados cos das experiencias de cooperación Sur-Sur que nunca merecen atencións nos grandes medios.

Iván Ramírez Barrios, experto en cooperación da Universidade Complutense de Madrid, di que esta diferenza debería producir vergoña aos paises ricos: “Tres “repúblicas bananeras” –como as chaman no Primeiro Mundo- acaban en 30 meses un problema de analfabetismo que data de 500 años, con só 20 millones de dólares, cando todo o investimento desde 2002 a 2009, na alfabetización en Bolivia, é de 11 millones de dólares. No deron rematado co analfabetismo con 11 millones de dólares durante todos esos anos.

Mentres os tres países, en só trinta meses, nunha cooperación recíproca, horizontal, na que non hai subordinación de ningunha clase -nin económica nin política- nin condicionantes, deron alfabetizado nas propias lenguas ás 36 nacións indíxenas de Bolivia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *