CARTA ELEXIDA MES DE XANEIRO 2007

Na “lingua proletaria do meu povo” ó que mata traicioneramente xente indefensa chamámoslle: asasino; ó que se opón ao crime e loita para evitalo ou vengalo dicímoslle: compañeiro.

Entre os moitos asasinos que campan por doquier está vostede, presidente dos EE.UU,conspicuo elemento teratolóxico.

Compendia vostede na súa persoa canto de vil pode ser enumerado na nosa especie ,semella que é vostede un humano. Non querería caer no erro de cargar a outras especies co baldón de incluilo entre os seus membros e ocórrenseme as hienas ,os buitres ou as gaivotas pero evitarei adscribilo a ninguha delas.

Continue vostede coa misión que o seu deus lle encomendou:matar para logo roubar.

O deus que lle fala nas súas visións por medio dos conselleiros delegados das multinacionais: o capital monopolista ,precisa de títeres .Polo de agora é vostede imprescindible.

Os grandes crimes cometidos por vostede entre os que está a guerra de Iraq,difuminan outros como o feito de manter presos ós nosos cinco compañeiros cubanos, exemplares discípulos dun home que dignifica a especie humana, o compañeiro Fidel.

Remato aproveitando a ocasión para dicirlle sr.W que eles

¡volverán! 

Toño Espiñeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará