“Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común” (Bruno Rodríguez Parrilla)

Luis Carballo (Euronews) – Cubaperiodistas – Resumo de Terra Sen Amos

Cuba ten acordos cos 28 paises da UE dende 1996, compromisos bilaterais que obrigaron  a gardar no caixón a Posición Común da UE sobre Cuba, promovida naquel mesmo ano polo Governo de José María Aznar. “Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común, comenta Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba nunha entrevista concedida ao canal da UE “Euronews”. A proposta española de obter cesións da soberanía política de Cuba mediante o bloqueo comercial, ficou de feito sobrepasada por acordos e declaracións de intencións que non consideraron o recomendado por Aznar. “As condicións quedaron ultrapasadas porque dende 1996, Cuba asinou convenios que establecen o contrario do que pretendía aquil vello documento, asinado de xeito atrapallado e con clara motivación política”, di Bruno Rodríguez. A entrevista no canal comunitário, non comenta o éxito da visita de Raul Castro a Paris e a presa doutras chancelerías da UE por se aproximaren a Cuba.

Ptotesta en Washington contra as detencións ilegais na base de Guantánamo.
Ptotesta en Washington contra as detencións ilegais na base de Guantánamo.

O xornalista Luis Carballo de “Euronews” compara o Bloqueo contra Cuba, establecido por EUA en 1960 e acrecentado sucesivamente, coa Posición Común de Aznar, mentres o ministro cubano califícaos de feitos diferentes: “Non é doado saber cando rematará o Bloqueo estadounidense contra Cuba. A Asemblea Xeral das Nacións  Unidas, A Unión Africana, os acordos entre a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) e a Unión Europea, reclaman o final do Bloqueo inmediata e incondicionalmente. Os feitos da sociedade norteamericana determinarán o ritmo dese proceso.  Así que élle difícil a comparanza”.

Os dereitos humanos aludidos na Posición Común do 96, son recordados na entrevista. “Para min -di Rodríguez Parrilla-  os  dereitos humanos son universais e indivisibeis e é grande o dano, para a causa dos dereitos humanos, o que está a pprooducir a existencia de dobres medidas aplicadas nalgúns debates e as visións parciais de algunha prensa. O dereito ao emprego é un dereito humano básico. Non sei que pensará a metade da mocidade española que está sen traballo. Eu coido que o do traballo é un dereito fundamental o mesmo que os económicos, sociais e culturais que non poden ficar nun deixar facer, senón que precisan garantías e responsabilidades directa dos Governos. Estes dereitos son indivisibeis dos dereitos políticos e das liberdade civís”.

“Coido que deberiamos atinxir un acordo sobre a definición dos presos políticos -propón o ministro de Estado, cando Euronews lle pregunta sobre casos de conciencia en Cuba- Se coidamos que unha persoa que recibe pagos dun governo extranxeiro por realizar determinadas actividades políticas, é un preso político, teríamos unha noción distinta. En Francia ou en Estados Unidos chámanos axentes de potencias extranxeiras. Alguns destes grupos actuantes en Cuba, e mesmo tolerados, receben finanzamento de países europeos ou do propio Govierno estadounidense. Violacións graves de dereitos humanos prodúcense no territorio ocupado pola base naval de Guantánamo, sobre a que vostedes non me preguntan. Sabemos que alí permanecen persoas secuestradas nun limbo xurídico dende hai unha década, que foron xulgadas sen dereito a defensa, por supostos militares, ou están sometidos a alimentación forzada cando fan folga de fame baixo condicións que todo o mundo define como tortura sistemática. Non sei como funcionarían os dereitos humanos en Europa se alá padeceran as condicións que sofre Cuba baixo o bloqueo económico, comercial e financeiro”.

http://www.cubaperiodistas.cu/index.php/2016/02/canciller-cubano-en-entrevista-con-euronews-los-derechos-humanos-son-universales-e-indivisibles-y-hacen-mucho-dano-su-politizacion-y-los-dobles-raseros/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *