Arquivos da categoría Novas

Categoría onde van as novas

A “National Endowment for Democracy” (NED) promete comprar a vontade de Cuba mediante subornos

Diariocontexto – Arxentina

A Dotación Nacional de Recursos para a Democracia, máis coñecida polas súas siglas en Inglés, NED (National Endowment for Democracy) comezara no tempo de Ronald Reagan na Casa Branca (1983) un rego de cartos para a fronte exterior dos EUA mediar con programas de intervención da CIA (Axencia Central de Espionaxe) e da Axencia dos Estados Unidos para el Desenvolvemento Internacional (USAID) Baixo a presunción de apostolado da democracia, estas oficinas imperiais pagan en todo o mundo organizacións non gubernamentais (ONG) e fundacións de nome samaritano ideadas para tumbar os gobernos que resisten ás políticas de Washington. É notabel a especialización destas instancias de axitación exterior en Latinoamérica e Caribe, que os EUA consideran seu resalido. Dentro do continente Sur, a infamia imperial céntrase en Cuba.

A propia rede da NED, explica que, en 2020, o programa para Latinoamérica e o Caribe achegou recursos específicos para levaren a democracia a paises que eles coidan apartados do ideal democrático, tal que Cuba, Nicaragua e Venezuela. Coidan que o Ecuador de Guillermo Lasso e a Bolivia de Janine Agnez están na liña correcta contra o autoritarismo e a censura, na súa interpretación bifocal das liberdades. A NED gábase de ter pagado programas para rematar coa corrupción, o fomento de medios dixitais que aproximan os pobos ás redes sociais dos EUA e os compromisos para libraren Brasil y México das ameazas de gobernos populistas.

Para o apostolado democrático da NED, os rexímes máis autoritarios son os de Cuba, Nicaragua e Venezuela, países que foron gravemente agredidos por medio da rede de axencias e ONG dependentes da propia entidade e difamados dende os media dominantes que participan igualmente dos orzamentos da política exterior dos EUA.

A NED pon acentos de ledicia ao informar do encontro (celebrado 30 de novembro pasado) entre Ileana Ros-Lehtinen, congresista republicana valedora do máis reacionario da contra de Miami, e o senador demócrata  Robert «Bob» Menéndez.  Con eles departiron o mesmo presidente da NED, Carl Gershman, e o administrador da USAID,  Mark Green, que se aplicaron en dirimir cal dos candidatos, pagados con fondos da NED, serán de mellor comenencia para Cuba, Nicaragua e Venezuela.

LOITADORES POLA DEMOCRACIA

Gershman dixo que a congresista Ros-Lehtinen empregaba o mellor do seu talento a colaborar cos loitadores pola democracia en todo o mundo polo que fixo agasallo dun cadro que representa a Deusa da Democracia, construida na Praza de Tiananmén de Pequín hai 30 años.

Os EUA levan dende o triunfo da Revolución Cubana (1959) procurando por todos os medios un cambio de gobierno na illa. O criminal bloqueo económico, comercial e financeiro que de forma ilegal e unilateral terman contra Cuba, e que foi condenado por aclamación da Asemblea Xeral da ONU en 29 votacións sucesivas, é o espello da agresión infame e sistemática contra Cuba, que Washington mantén dende hai seis décadas.

Os promotres do bloqueo manifestaron en  máis dunha oportunidade que o cerco ten como fin asfixiar o pobo cubano, provocar o caos e xenerar un cambio de goberno e de sistema político.

Dende os comezos da pandemia, a administración estadunidense (primero Donald Trump e a seguir John Biden) levaron o bloqueo a cotas inusitadas: impediron a entrada de medicamentos, de respiradores, de combustibel e de xiros bancarios e de recursos económicos para os cubanos non poideren enfrontar a crise provocada por la Covid-19. Aproveitando o malestar causado por esa suma de torturas contra Cuba, convocaron protestas para desestabilizaren o goberno, mais as cámaras que esperaban imaxes dunha clamorosa protesta, non  deron grabado máis que a vida diaria de Cuba a loitar contra o andacio e o Bloqueo.

Dacordo coa información da NED, durante 2021 investiron máis de cinco millones de dólares (5.077.788) unha cantidade a que se poden sumar os recursos aportados ás ONG e fundacións que, sen figurar no capítulo de Cuba, actúan contra a illa coa axuda de fondos canalizados a través de la USAID e de axencias estadounidenses que teñen o mesmo propósito de derrocar o goberno.

RECURSOS E AGASALLOS DA NED

A NED publicou en 23 de febreiro de 2021 a extensa relación que acompañamos na que pormenoriza as ONG e fundacións que recibiron axuda en forma de diñeiro, contactos con axentes da CIA e facilidades de comunicación para actuaren en Cuba durante 2020. As prendaas en metálico van dende 20.000 a 650.000 dólares.

1 Plataforma Internacional de Derechos Humanos en Cuba (para interviren nas relacións UE-Cuba): $ 87.253

2 Cubalex (establecida para denuncias de violacións de DD.HH): $ 150.000

3  Fundación Cártel Urbano (para convertir intérpretes de hip-hop en protagonistas da protesta): $ 110.000

4 Instituto Nacional Demócrata para Asuntos Internacionales (para seguir casos de violencia de xénero): $ 500.000

5 Libertad de información (para formar correspondentes voluntarios): $ 80.000

6 Editorial Hypermedia Inc.: $ 93.941

7 Centro Latinoamericano para la No violencia: $ 48 597

8 Instituto de Comunicación y Desarrollo: $ 79.300

9 Transparencia Electoral: $ 74.945

10 Investigación e Innovación Factual a.c. (para promover redes rexionais de medios): $ 74.000

11 Observatorio Cubano de Derechos Humanos: $ 150.000

12 Libertad de información (para promoveren a deserción de deportistas de primeira liña): $ 50.000

13 Agora Cuba Inc. (para información dixital de sucesos): $ 75.600

14 Asociación Diario de Cuba: $ 215.000

15 Asociación Libertad de Información: $ 72.000

16 Fundación para los Derechos Humanos en Cuba, Inc.: $ 126.000

17 Instituto Cubano por la Libertad de Expresión y Prensa: $ 146.360

18 Libertad de información (para infiltración en medios): $ 56.500

19 Cultura Democrática (para pagos a artistas): $ 49 106

20 Libertad de información (para pagos a reporteiros espontáneos e blogueiros): $ 33.180

21 Dirección Democrática Cubana (para pagos a voluntarios non organizados): $ 650.000

22 Ideas y valores democráticos (para áreas marxinais): $ 23.500

23 Libertad de información (para establecer medios marxinais): $ 75.000

24 Rendición de cuentas y gobernanza: $ 120.267

25 Promoción del uso de datos en el periodismo en Cuba: $ 91.319

26 Gobierno y Análisis Político a.c.: $ 115.000

27 Asociación Civil Cronos (para novas fronteiras do xornalismo): $ 80.000

28 Libertad de información (fomento de redes sociais): $ 50.000

29 Instituto Interamericano de Derechos Humanos: $ 95 000

30 Libertad de información (fomento do pensamento crítico): $ 99 980

31 Centro para la empresa privada internacional: $ 309 766

32 Instituto Prensa y Sociedad: $ 70 523

33 Fundación Espacio Público (fomento de medios independentes): $ 108.000

34 People in Need Slovakia : $ 60.000

35 Clovek tisni, o.p.s. (para media): $ 150.882

36 Instituto Político para la Libertad: $ 85 000

37 Arlenica, Arte, Lenguaje e Investigación para el Cambio Social, suplemento $ 11.940

38 Centro por una Cuba Libre $ 80.000

39 Instituto de Informes sobre la Guerra y la Paz (iwpr): $ 145.230

40 Grupo Internacional para la Responsabilidad Social Corporativa en Cuba (fondo para fomentar sindicatos independentes, traballadores autónomos e dereitos laborais): $ 230.000

41 Vista Larga Foundation Corp (para proteción de escritores e artistas): $ 83.000

42 Ideas y valores democráticos. $ 71.339

diariocontexto.com.ar

Traducido ao Galego para TSA por Raisa Erbella

Os grandes medios ocultan a boa xestión da pandemia en Cuba, con mellores resultados ca nos EUA

Joaquín Rábago – FARO DE VIGO

Os media que chamamos de referencia, quer dicer, as grandes empresas de comunicación occidentais, cultivan polo visto un esquecemento interesado dos logros de Cuba na loita contra a pandemia. É coma se as posicións ideolóxicas que separan Occidente do sistema comunista cubano, que son moitas abofé, lles impedisen ver a realidade. Ou se cadra coidan que esta realidade non debería interesarnos.

“Por que a clase médica cubana está na avangarda contra o Coronavirus en todo o mundo” (titular de Arab News)

Tiña que ser unha publicación especializada estadounidense, o American Journal of Public Health, quen salientase a boa xestión sanitaria que está a facer na loita contra a pandemia o goberno cubano. Nun ensaio de oito páxinas, a revista norteamericana trata de explicar como un país pobre, sometido desde hai xa máis de seis décadas a un inhumano e ilegal bloqueo por parte de Washington, é quen de protexer mellor aos seus cidadáns que a rica, pero desigual superpotencia.

Para isto acontecer, a publicación sinala diferenzas básicas existentes na estrutura e organización dos sistemas sanitarios, así como na filosofía e a cultura entre ambas nacións. A resposta de Cuba a COVID-19 foi máis coordenada e integral, escribe a revista, o que deu uns resultados significativamente mellores que os obtidos por EUA. Até mediados do ano en curso, a taxa acumulada de casos de COVI nos EUA era catro veces superior á da illa caribeña e as taxas de mortalidade e de mortalidade excesiva eran doce veces máis altas nos EUA.

Dacordo cos últimos datos fornecidos pola John Hopkins, a universidade de investigación por excelencia nos EUA, nunha poboación de 329,5 millóns (datos de 2020), morreron 819.315 persoas por ou en relación co coronavirus, fronte aos 8.321 na pequena Cuba, que ten unha poboación de 11,33 millóns. A Habana considera a cobertura sanitaria como un dereito universal e mesmo o ten ancorado na Constitución, mentres que os EUA contan con algunhas das mellores clínicas do mundo, cos mellores especialistas, pero só para quen poda pagalo. Cuba conta cunha rede de 11.000 clínicas e 500 policlínicas que permiten un diagnóstico previsor de situacións críticas e aposta sobre todo pola prevención.


Unha das fortalezas de Cuba na loita contra a pandemia é a colaboración entre os médicos de atención primaria, investigadores e  e ao redor de 28.000 estudantes de Medicina. Mercé a este sistema, a illa ostenta o índice máis baixo de letalidad por coronavirus de toda América Latina, cun 0,9 por cento, segundo a John Hopkins, que o compara co 1,6 por cento do seu gran veciño do norte.

Con todo, os índices máis elevados nese apartado aparecen en América Latina, cun 8,9% no Perú, un 7,6% en México e un 6,2% no Ecuador. Cuba é o primeiro lugar en América Latina e o segundo no mundo (logo de Emiratos Árabes Unidos) na inmunización contra o COVID-19, segundo o portal dixital Our Web in Data.

Mália o cerco, a illa conseguiu producir tres vacinas contra o COVID-19 e case o 86 % da súa poboación completou o esquema de inmunización, cun millón de de doses de reforzo.

“Quén vai darnos o futuro? Nós mesmos e só nós!” (Fidel no III Aniversario)

“Quén vai darnos o futuro?  Nós mesmos!  Quén nos ha garantir un porvir feliz para a nosa patria?  Nós mesmos e só nós!  Ninguén virá darnos nada e de ninguén máis dependerá non sendo de nós; a oportunidade é nosa e temos todo o que se precisa para loitar por ela. Tres cousas son importantes para este ano: a primeira, a defensa da patria fronte a ameaza do inimigo; a segunda, a organización e a formación da conciencia revolucionaria. […] sen conciencia revolucionaria, no poderíamos cumprir outro deber como é a planificación e o desenvolvemento da nosa economía”. Son palabras de Fidel na concentración que celebraba 2 de xaneiro de 1962, o Terceiro Aniversario do triunfo da Revolución.

Fidel na concentración popular do Terceiro Aniversario do triunfo da Revolución, en 2 de xaneiro de 1962.

“Malia o progreso económico e industrial gañado polo povo dos EUA, a flor do seu esforzo vai para grandes escadras artilladas, a armar exércitos e a pagaren bandas de vendepatrias no mundo enteiro: gandalla de traidores, exércitos de espías, de asasinos e saboteadores; o froito do esforzo do povo dos EUA vai para sementar contrarrevolución no mundo enteiro, para sobornar reacción e colonialismo, pagaren bandas militaristas e sementar neofascismo nos países nos que o fascismo fora derrotado a costa do sangue de millóns de seres humanos; en pagar o máis retrógrado e reaccionario que pode haber no mundo”.

“Pasados case dous séculos, mudou de vez o papel que representara o goberno dos EUA . Os EUA xa non loitan hoxe por nada que signifique liberdade; hoxendía non defenden nin un só átomo de liberdade en parte ningunha do mundo; os monopolistas que hoxe gobernan Washington e identifican a política e as iniciativas dese país exclusivamente cos seus intereses, loitan precisamente por todo o contrario:  por manter o colonialismo no mundo, por serviren os intereses explotadores en todo o mundo, por manter a reacción no mundo enteiro”.

“Mais non se fagan ilusións, señores teóricos do imperialismo: non todo o mundo está envelenado pola súa propaganda mentireira; non todo o mundo segue eses modelos seus, nin atende as mentiras e infamias coas que enluxan a súa propia opinión. Os pobos do mundo comprenden as mentiras que lle queren contar a diario e aprenden por experiencia propia”.

Terrorismo dixital contra Cuba por volta de 60 anos de cerco fracasado

Rosa Mirian Elizalde

A campaña do 15 de novembro contra Cuba fracasou. Non o di o xornal comunista Granma, senón os padriños e patrocinadores dunha marcha que non aconteceu. Reafírmao o clamoroso silenzo dos lexisladores que se benefician da industria anticubana nos EUA, como o da representante María Elvira Salazar que chegou a emitir desde a Florida máis de 20 comunicados nun día en Twitter para impulsar a revolta na Illa e 16 de novembro parou en seco para non quedar coma cronista do seu propio fracaso.

O desafío publicitario do 15N confirmou a hipótese de a conxunción dos medios e as plataformas sociais poderen crear ficcións e falsear a realidade. O que non poden facer é suplantala. Mentres tentaban enrarecer e envelenar o clima social, a illa respiraba por primeira vez por volta de dous anos da pandemia, con tres doses de vacinas en máis do 80 por cento da poboación -cativos incluídos- e fronteiras de mar por fin abertas, que nunha nación rodeada de auga é como recuperar a porta principal do comercio e o reencontro familiar.

Quen viviu esta campaña, que comezara hai dous meses para repetir as revoltas do 11 e 12 de xullo en Cuba, identificará un relato xa coñecido: o 15N era un movemento contestatario da mesma caste que os lanzados en América Latina e noutras partes do mundo vía Internet, co propósito de turrar da mocidade pendente dos seus móbiles e desconectados do socialismo cubano, para faceren desaparecer o comunismo no Caribe nun trending topic sostido.

En realidade, fume para unha típica Operación de Información do Exército dos EUA (agora chamadas Operacións Militares de Apoio de Información (MISO polas súas siglas en Inglés). Dirixidas a influír en audiencias estranxeiras para conseguir os obxectivos de política exterior de Washington, estes exercicios adoitan activar varias iniciativas en simultáneo como foi extensamente documentado en América Latina.

Desde territorio de Estados Unidos, cuxo goberno emitiu decenas de declaracións de apoio ao 15N en menos de dous meses, tentaron todo  para povocar a revolución 2.0 en Cuba: guerra diplomática e simbólica; ciber-ataques con uso de robots de última xeración para replicar Twitter, ciber-tropas e virus informáticos que secuestran datos (o ramsoware Cuba, por exemplo); espionaxe dixital co rastrexo de toda a circulación aérea e naval na illa, a máis de chamados continuos á delación; propaganda e información falsa, manipulada e hiperbólica. Un concerto coreado por convocatorias a marchas en máis de 120 cidades do mundo, flotillas navais, influencers comprados e a rede da dereita transnacional a todo dar para conseguir declaracións de parlamentos e parlamentarios, acoso a embaixadas e irrupción no Vaticano, entre outras manifestacións concertadas de presión internacional contra Cuba.

Promoveron a etiqueta #15NCuba. O obxectivo era lanzar un movemento social creado en laboratorio, que quedase no imaxinario como outros referenciados polas súas etiquetas de metadados ou  hashtags: #jan25 para a evolta na Praza Tahrir, de Exipto, 25 de xaneiro de 2011; #VemPraRua no Brasil, contra Dilma Rousseff; #direngezi para as protestas no parque Gezi Park de Istambul, #occupywallstreet, en Nova York, e moitos máis.

Ao carecer de imaxe que o sostivese, o “movimento #15NCuba” esvaiu en menos de 24 horas. O que non quita que o sistema de propaganda de precisión do exército dos EUA continúe a apurar súas tácticas. Mentres escribo, hai decenas de convocatorias en Internet para combater o que eles alcuman de totalitarismo cubano con ou sen disfraces de corrección política, chamando á violencia e o saqueo. Agora mesmo, desde perfís falsos en Facebook, convócase a algo tan perigoso e provocador como ir en caravana migratoria á base militar que ten os EUA en Guantánamo.

Fracasada a campaña do 15N, ninguén ten dúbidas de que apenas está a comezar unha nova forma de guerra encuberta ou de  terrorismo 2.0 que só pode deseñar un Estado contra outro.  Os EUA non puideron en máis de 60 anos con Cuba, e desta regresan pola apocalipse dixital.  Para Washington non será pancomido, a xulgar por como lle foi nesta  escaramuza.

Publicado no diario La Jornada de México e traducido ao Galego para TSA por Berta Retén.

“Cuba sen bloqueo sería ainda máis xenerosa e solidaria: un perigo para o egoismo universal” (Silvio Rodríguez)

Silvio Rodríguez, a imaxe máis cosmopolita e viaxeira da Revolución Cubana e un dos contados rapsodas revolucionarios que ten presenza no vedado da música comercial do Norte rico, aborda no sito La tercera, en conversa con Claudio Vergara, o último intento da CIA por alzar na illa a bandeira de protesta contra o Goberno a conta dos atrancos creados polo bloqueo. A entrevista de Silvio foi reproducida integramente por Cubadebate e dela publicamos a seguir un resumo.

Silvio nun seu concerto en Madrid

O entrevistador aborda o estado de opinión en Cuba despois dun masivo chamado dixital a protestar contra o goberno. “Ao cabo do bloqueo infame que nos ven aplicando o rexime imperial dende hai 62 años –sinala Silvio-  e das 243 medidas de asfixia a maiores, engadidas por Trump; logo da esperanza de Biden levantar cando menos as medidas de Trump, como prometera en campaña, e de esquecer a súa promesa; a maiores de nos teren pendurado o título de “país pendido ao terrorismo”, “imperio do mal”, “patio traseiro”; logo de suspender as remesas e da baixada do turismo (a nosa primeira industria) que, para remate, chegaban depois de 18 meses de pandemia, era lóxico que aparecesen expresións de cansazo… Pregunto como estaría calqueroutro país de Latinoamérica -Chile mesmo, por exemplo-, de ter sido torturado a longo de 62 anos, sen acougo, polo imperio más poderoso da terra. Negándolle crédito, sen poder facer transaccións bancarias,  sen os barcos poder recalar no arquipélago por mor de multas millonarias, como nos fan a nós”.

Precisa Silvio Rodríguez que o bloqueo non é o único causante dos atrancos de Cuba. “Mais se os que nos cercan co bloqueo coidasen que os seus efectos carecen de importancia, xa nolo terían arriado para probar que as protestas de Cuba contra o cerco carecen de fundamento. E logo, por que non levantan o bloqueo? Será que non queren que o mundo vexa o que pode ser Cuba sen bloqueo. Con seguridade saben que seríamos un país aínda máis solidario; un país que repartiría vacinas propias a todos os países que carecen delas, en tantos lugares deixados da man dos gobernos. Cuba sen bloqueo sería un país aínda máis xeneroso e solidario, isto é; un perigo terríbel para o egoísmo universal”.

O entrevistador pregunta se non se trabucou o goberno ao chamar delincuentes, mercenarios e confundidos aos manifestantes. “Pode errar un goberno na cualificación das persoas que participan nunha protesta –sinala Silvio- mais unha cousa é non atinar coas palabras e outra completamente diferente é mandar carros de combate e tropa armada  que dispara contra a moitedume, mata e valeira os ollos dos que protestan na rúa, como teño visto que pasa noutros paises”.

Desafía o xornalista a Silvio Rodríguez co feito de algúns músicos novos teren cambiado o lema Patria o muerte, venceremos por Patria y Vida. O entrevistado ironiza por non teren citado a Silvito el Libre, fillo de Silvio e abertamente crítico co goberno. “Por outra banda –sinala Rodríguez- hai un video dunha intervención de Fidel nunha escola onde pronuncia o lema Patria y Vida, inspirado por unha alumna. Poden consultalo no internet. Alfredo Guevara usara o lema hai anos na clausura dun festival de cine da Habana. Patria y Vida  é un lema fermoso e eu non teño reparo en repetilo malia que primeiro paréceme imprescindíbel berrar Abajo el bloqueo!

Sobre a militancia opositora de moitos artistas mozos, Rodríguez precisa: “É verdade que moitos artistas novos militan na oposición e que son continuamente citados. É certo tamén que non mencionan outros artistas que non militan na contra. É evidente que aproveitan como nunca a todos os que se colocan en contra o goberno. Boa parte da prensa mundial participa desa campaña e todos os días estamos nas portadas. Aprovéitanse da pandemia non para ceder o bloqueo senón para arrecialo. Isto sucede precisamente no relevo da xeración que comezara o proceso revolucionario e ao tempo que varios congresos de Cuba recoñecen erros e anuncian cambios na economía que poden ir mellorando resultados. Sucede ao tempo de ser Cuba o único país do Terceiro Mundo que ten cinco vacinas de éxito contra a Covid-19. Non é casual. Non queren que avancemos. Queren pechar o cerco a golpe de propaganda e de medidas de asfixia. É o castigo contra Cuba por se ter atrevido a ser ela mesma”.

Entrevista completa en español en http://www.cubadebate.cu/especiales/2021/11/29/silvio-rodriguez-era-bastante-logico-que-en-cuba-aparecieran-expresiones-de-agotamiento/