Arquivos da categoría Novas

Categoría onde van as novas

George Lamming, de Barbados, e Santiago García, de Colombia, Premios Alba das Letras e as Artes

Habana, Juventud Rebelde

O narrador George Lamming e o dramaturgo Santiago García, recibiron venres pasado os Premios Alba das Letras e as Artes de 2011 na XXI Feria Internacional del Libro de La Habana, nesta edición consagrada ao Caribe.

Lamming, nado en Barbados en 1927, é o creador máis internacional da literatura caribeña contemporánea. Dá aulas na Universidade de Brown e recibira o Doutorado de Honra da Universidade da Habana en 2007. É autor de “O Castelo da Miña Pel”, “Os Emigrantes”, “A idade da inocencia”, “Tempo de Aventuras” e “Os praceres do exilio”.
Santiago García, diretor do afamado Teatro La Candelaria de Bogotá, é recoñecido coma o home de teatro máis importante de Colombia, con protagonismo na dirección, a actuación, a dramaturxia e a pintura. O seu traballo ten alto aprezo entre o público cubano, con obras coma “Diálogo del rebusque”, “Corre, chasqui Carigueta”, Maravilla Estar, La trifulca y Manda Patibularia. Por as montaxes de “Guadalupe años sin cuenta” e “Los diez días que estremecieron al mundo”, recibira senllos premios “Casa de las Américas” (1975 e 1977). Seguir lendo George Lamming, de Barbados, e Santiago García, de Colombia, Premios Alba das Letras e as Artes

Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana

A Administración Norteamericana confiscou ao coruñés Xavier Carvajal o pago das mensalidades da escolarización dos seus dous fillos, de 6 e 4 anos, nun colexio da Habana.

Estados Unidos levou a efeito esta intervención, contraria a toda norma internacional entre países amigos, coa aplicación da Lei Helms-Burton, subtitulada “Lei de Liberdade Cubana e Solidariedade Democrática” aprobada o 1 de marzo de 1996.

A edición galega de El País do dia 30 de Janeiro, deu noticia da confiscación ilegal da transferência. O autor da información, Xosé Manuel Pereira, sinala que o pago dos recibos dun colexio pode devir “asunto sensibel de política internacional” por mor do bloqueo decretado por Norteamérica contra Cuba. Seguir lendo Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana

Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo

A ofrenda a José Martí no 159 aniversario do seu nacimento, foi tamén unha homenaxe aos Cinco Herois Cubanos encarcerados nos Estados Unidos.

Alejandro Fuentes, Cónsul Xeral de Cuba, situou aos Cinco nun lugar especial da longa batalla de Cuba pola independencia e a soberanía, da que Martí é síntese e modelo. O Cónsul adicou un recordo de admiración e respeto para os 5 presos políticos cubanos encerrados en cadeas norteamericanas.

A homenaxe a Martí fora organizada pola “Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, perante a estatua de José Martí nos xardíns de Montero Rios de Vigo, e comezou coa intervención do presidente da Asociación, Valentín Alvite Gándara, quen recordou que o mérito principal do poeta e escritor, fora o seu protagonismo político na historia de Cuba así como a súa exemplar coerencia entre discurso e conduta. Seguir lendo Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo

A campaña “Cuba Non Está Soia” denuncia a propaganda illacionista da dereita

Prensa Latina.

A solidariedade coa Nosa América lanzou este sábado a inciativa “Cuba Non Está Soia”, dirixida á revelar a falsidade da campaña de institucións e medios de obediencia da dereita contra Cuba.

Nunha palestra celebrada no Clube de Amigos da Unesco de Madrid, a Coordenadora Estatal de Solidariedade Con Cuba (CESC) denunciou o uso de cartos públicos da Autonomia dirixida por Esperanza Aguirre asi como de espazos e recursos institucionais para a promoción de propaganda contra a Revolución Cubana. Seguir lendo A campaña “Cuba Non Está Soia” denuncia a propaganda illacionista da dereita

Douscentos anos de loita para unir a Nosa América

Eddy Jiménez.

Houberan pasar douscentos anos dende o comezo das loitas independentistas de América Latina para facer realidade un congreso de todos os Estados do sur do Continente, coa inclusión dos caribeños, escrebe o xornalista cubano Eddy Jiménez no comentario editorial da sección A Nosa América da revista Aira das Letras que celebra a institución da CELAC.

O autor cita o Congreso Anfictiónico de Panamá, convocado por Simón Bolívar en 1826, cismado até o fracaso polos Estados Unidos, e o xuizo lúcido do Libertador: “Parecen os Estados Unidos destinados pola providencia para inzar América de miseria a conta da liberdade”. Seguir lendo Douscentos anos de loita para unir a Nosa América