“Compre ler o código de barras dos media para saber as súas dependencias”, Angeles Diez

Terra Sen Amos – Redacción

Sen coñecer a propiedade dos media non é posibel identificar súas servidumes, dixo Ángeles Diez na conferencia de apertura da Semana sobre Manipulación Mediática e Dereito a Información, organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Asociación Galego-Bolvariana Hugo Chávez (AGABO). Para a profesora de socioloxía da Complutense, a distorsión da información debe entenderse no marco dos intereses económicos e politicos dos media e na súa propiedade polo que é preciso responder a certas preguntas coma a do accionariado, a franxa de público a que vai dirixido, a orixe das novas, os compromisos políticos da propiedade e a natureza das insercións de publicidade. Diez falou no auditorio do Antigo Rectorado de Vigo ateigado de público.

Angela Diez abriu no Reitorado de Vigo as Xornadas sobre Manipulación Mediática e foi presentada por Celso López Pazos.

Para ilustrar o mapa de dependencias dun medio asentado nun esquema de propiedade concreto, a profesora escolleu a cabeceira de El Pais de Madrid, que ten como accionista principal o fondo abutre Amber (18,3%) a familia Polanco (17%) Telefónica (13%) Un socio de Catar (10%) o Grupo Imasa (9%) Caixa bank (3,83%) e o Banco de Santander (4,19%) e reparou na elección de certos contidos. O redactor encargado da información de Cuba neste medio, data as súas contribucións en Miami (Florida) e concede relevancia a argumentos contra o inmobilismo do goberno da illa, por exemplo no relato das últimas eleccións celebradas en Cuba, que descrebe como pechadas a calquera candidato/a que non estea afiliado ao Partido Comunista de Cuba. Na realidade, o regulamento das eleccións ao Congreso de Cuba precisa a apertura total das listas.

A conferenciante detense nunha entrevista realizada polo correspondente en Miami, ao policia da CIA Pablo de Llano que lembra encantado a  captura do Che no mato de Vallegrande (1967) e asegura que tentou mantelo con vida para interrogalo, endebén fose “un asasino”.

A cartilla de preguntas sobre a natureza dos media prescribe identificar a propiedade, a relación con outros grupos de comunicación, a localización do emisor da nova, o contexto, as fontes e os seus intereses no mercado da publicidade.

Francisco Sierra falará xoves 30, dentro do mesmo ciclo aberto sobre “ Discurso mediático e propaganda política. Formas de manipulación na linguaxe informativa”. Sierra declara dúas paixóns: o estudo da comunicación e América Latina. A primeira é unha vocación que exerce dende a cátedra de Teoria da Comunicación de Sevilla e a segunda o o seu compromiso como investigador do Instituto de Estudios sobre América Latina, tamén na Universidade de Sevilla. Francisco Sierra ten publicado, entre outros libros, “Tecnopolítica en America Latina y el Caribe”, “La Guerra de la Información, Estados Unidos y el Imperialismo en América Latina”, “Comunicación, Lenguajes, TIC e interculturalidad” e “Derecho a la Comunicación”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *