CONCENTRACION NO CONSULADO NORTEAMERICANO DA CORUÑA PARA RECLAMAR A LIBERDADE DOS CINCO

Durante o acto de protesta, despregouse unha faixa co lema “Liberdade para os Cinco” e membros da Coordenadora entregaron nas oficinas do Consulado un escrito que reproducimos a continuación:

Concentracion no consulado norteamericano da Coruña para reclamar a liberdade dos Cinco
Concentracion no consulado norteamericano da Coruña para reclamar a liberdade dos Cinco

A atención do Cónsul dos Estados Unidos de América en Galiza Liberdade para os Cinco!

A Coordinadora Galega de Solidariedade con Cuba solicita ao consulado dos Estados Unidos de América en Galiza que transmita o seu governo a nosa petición de inmediata posta en liberdade de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González.

Internacionalmente coñecidos coma Os Cinco, levan máis de nove anos presos de forma ilegal e arbitrária polo governos dos Estados Unidos polo único “delicto”de evitar accións terroristas contra Cuba e contra a propia Norteamérica dende Miami.

Antonio, Fernando, Gerardo, Ramón e René estaban infiltrados nas redes terroristas de Miami co único obxetivo de defender a seguridade do povo cubano e do seu país.

Dende o ano 1998 permanecen detidos e aillados en prisións de máxima seguridade nas que os seus dereitos foron violados sistematicamente.

A seguir condenáronnos a longas penas, incluindo a cadea perpetua, como resultado dun procedimento xurídico totalmente irregular onde se misturaron as bases legais coas políticas baixo a forte presión exercida polo “lobby” cubano de Miami.

Actualmente continuan privados dos dereitos máis elementais da lexislación norteamericana para os detidos coma o de recibir visitas das suas esposas.

O seu governo é consciente da inxusta sentenza que mantén aos Cinco en prisión, praticamente incomunicados e coas suas capacidades legais mermadas.

Diferentes entidades internacionais como a Comisión de Dereitos Humanos da ONU ou a propia Amnistía Internacional teñen denunciado a violación dos máis elementais dereitos humanos por parte do governo dos Estados Unidos no proceso xudicial e posterior condena a que se ven sometidos Antonio, Fernando, Gerardo, Ramón e René.

A Coordinadora Galega de Solidariedade con Cuba, tal como centenas de entidades, organizacións e institucións de todo o planeta, solicita mediante este escrito que o seu governo libere aos Cinco prisioneiros políticos cubanos.

Coordinadora Galega de Solidariedade con Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará