Cristina Escobar, da TV Cubana, recomenda mellor información para combater a mentira

Terra  Sen Amos – Redacción

Máis e mellor información como remedio para acabar coa mentira e a manipulación e autocrítica para mellorar a prensa de Cuba. A proposta é da xornalista cubana Cristina Escobar, presentadora de “Mesa Redonda”, un programa de enorme audiencia internacional e nacional da TV Cubana, que manterá en Vigo e Compostela debates abertos, os vindeiros dias 26 e 27, invitada por “Cubainformación TV” e o Movimento de Solidariedade con Cuba. O seu calendário de conferencias en Galiza foi organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. A intervención en Vigo, será xoves 26 na Libraría Andel (Camelias 102) ás 8 do serán; a de Compostela, está programada para venres ás 7 do serán no Centro das Asociacións (antiga estación de Cornes – rúa Manuel Beiras, en  Conxo) Escobar recomenda intervir nos foros de internet para desmentir todas as manipulacións e falsidades lanzadas a diario contra Cuba. A xornalista naceu en 1987, formouse na prestixiosa Faculdade de Xornalismo da Habana (promoción de 2011) e coida que a Prensa cubana precisa cambios. “Iso non é secreto para ninguén -comenta nunha recente entrevista con Hedelberto López Blanch, no sitio “Réplica”- pois a xente da miña xeración formouse cunha filosofía de praza sitiada, co critério de reservarmos os nosos erros para non seren usados contra nós, mais, na experiéncia dos últimos meses, vemos que non acontece tal. Publicamos máis que nunca os nosos problemas e deficiéncias e non pasa ren. Coido que debemos expor máis, con maior fondura, e iso implica cambios na prensa xa que até o de agora os cambios foron epidérmicos”.

Escobar falara 26 en Vigo e 27 en Compostela.
Escobar falara 26 en Vigo e 27 en Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará