Cuarenta razóns para participar no referendo constitucional

Freddy Pérez Cabrera – Granma

O Banco Mundial gaba dende hai anos o sistema de asistencia social e ensino de Cuba en todos seus níveis, como unha excepción no continente. “Dende a Revolución, en 1959 e o conseguinte establecemento dun goberno socialista –sinala unha recente memoria do banco-, a dirección ergueu un sistema de servizos sociais que garante o acceso total a educación e aos servicios sanitarios e hospitalarios. A implantación do modelo facilitou a alfabetización universal, o final de certas enfermidades crónicas, o acceso universal a auga potábel e á salubridade pública de base, unha das taxas de mortalidade infantil más bajas do mundo e unha das máis elevadas esperanzas de vida”. As transformacións realizadas pola Revolución en beneficio de todos, en 60 anos de existencia e co Socialismo como divisa, son para a inmensa maioria da poboación de Cuba, razóns para ter participado activamente no proxecto constitucional e para intervir no referendo.

Cuba sanciona un texto constitucional para o futuro


1.     
Duascentas mil familias labregas non dispuñan dunha cunca de terra na que sementar unha horta para os seus fillos famentos, mentres nas mans de poderosos intereses, un mundo de campos estaban a barbeito..

2.     
O 85 % dos labregos cubanos pagaban renda e trabucos e vivían decote baixo a ameaza de seren desafiuzados.

3.     
Máis da metade das terras de capricho estaban de man de intereses estranxeiros.

4.     
Un 90 % das vivendas labregas (
bohios) non dispuñan de luz elétrica.

5.     
O 85 % da habotación rural carecía de auga corrente.

6.     
O 55 %  da vivenda labrega non dispuña de servizos nin de pozo negro.

7.     
O 90 % dos nenos que vivian no campo estaban infestados de parásitos.

8.     
O 14 % da poboación labrega padecia de tuberculose e un 13 % de tifo.

9.     
A capital o país, co 22 % da poboación, dispuña do 65 % dos médicos.

10. 
O país contaba con 98 hospitais e un sistema de casas de socorro que só ofrecían servicios limitados de primeiros auxilios.

11. 
Solo había daquela en Cuba un hospital rural con menos de dez camas e sen médico.

12. 
En 1959 o pais contaba só con 2 026 enfermeiras.

13. 
O 62 % das camas hospitalarias concentrábanse na Habana.

14. 
Apenas 8 % das áreas rurais recibían atención médica gratuita.

15. 
Ingresar nos hospitais do Estado, siempre cheos, só era posibel mediante a man do cacique que ficaba propietario da vontade política da familia.

16. 
A mortalidade infantil superaba os 60 falecidos por cada mil nacidos vivos.

17. 
A esperanza de vida al non chegaba aos 58 años.

18. 
No hospital psiquiátrico de Mazorra había 2 000 camas para más de 6 500 pacientes.

19. 
Só seis de cada cen rapaces matriculados na escola pública daban chegado ao sexto degrao.

20. 
Só a metade da poboación escolar accedia ao ensino medio mentres o ensino superios estaba reservado para unha minoría.

21. 
O 23,6 % de la población mayor de diez años era analfabeta e había máis dun millón de persoas que no sabían ler nin escreber.

22. 
O 45 % dos rapaces de 6 a 14 ano non ia a escola.

23. 
Máis de medio millón de nenos non tiña escola.

24. 
Máis de 10 000 mestres estaban en paro.

25. 
O 30 % dos labregos non sabia asinar.

26. 
Decenas de miles rapaces víanse obrigados a traballar para asistiren as súas familias necesitadas.

27. 
En 1953 só o 51,5 % da poboaación activa tiña traballo fixo. Tres anos depois, a situación era pior.

28. 
Moitas familias abandonaban seus fogares para vagaren desesperadas por fincas e vilas para procurar pan e traballo.

29. 
A mocidade chegaba a idade de traballar e as oportunidades de empregarse eran remotas, mália as súas condicións e preparación. Máis de 10 000 titulados anuais, no encontraban traballo.

30. 
Só coa Lei da Reforma Agraria de 1959, más de 150 000 familias convertíranse en propietarias.

31. 
A taxa de desemprego de Cuba en 2018 era 1,7 cifra que a Organización Internacional do Traballo considera pleno emprego.

32. 
Toda a poboación de Cuba ten corrente elétrica nos seus fogares.

33. 
No censo de 2012, o 74,4 % de la poboación cubana tiña auga de traida.

34. 
En 2018 había en Cuba un médico cada 122 habitantes e un dentista cada 602, cifras que colocan Cuba entre os primeiros paises do mundo neste rubro.

35. 
Rematando o pasado año la taxa de mortalidade infantil foi de 4,0 por cada mil nacidos vivos, a cifra máis baixa da historia de Cuba.

36. 
En 2018 prestaban servicio á poboación un total de 13 779 unidades de asistencia médica e 472 de asistencia social.

37. 
A esperanza de vida en Cuba en 2018 atinxiu os 78,45 años.

38. 
No curso 2016-2017 Cuba mantiña 10.600 escolas públicas de balde e plenamente dotadas nas que daba ensino normado a 1.850.000 alumnos e alumnas.

39. 
En 2016 había en Cuba 5.134 instalacións deportivas nas que 4.228. 268 personas praticaban regularmente alguna disciplina.

40. 
Ese mesmo ano, o pais garantía incorporación a diferentes áreas deportivas a 15 470 discapacitados, do que  6 715 eran mull
eres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará