Cuba, á cabeza de América Latina en atención social e educación

Cuba ten os mellores indicativos sociais do continente Sure o Caribe, segundo acaba de publicar a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL) das Nacións Unidas. A estatística desta axencia especializada corrobora o proclamado pola Asemblea Xeral do Consello Economico e Social (Ecosoc) acerca do cumprimento dos Obxectivos do Milenio (Terrasenamos, 07.07.2011)

En materia de educación, Cuba salienta por ter a taxa máis alta de matriculacións no primeiro nível de ensino de 2009, co 99,3%. O promedio de escolantes por mestre ou mestra no primeiro nível está entre 12 e 9, o máis baixo de America Latina que ten unha media de 25-23 matriculados no período 200-2009.

Cuba, á cabeza de América Latina en atención social e educaciónO gasto público en Educación en Cuba é, por ampla marxe, o máis elevado do continente sur de América, entre 7,2 e 13,6 do Produto Interno Bruto, coa salvedade de San Vicente e As Granadinas.

Na saúde, Cuba dispón da máis baixa relación de habitantes por médico, entre 168-150 por facultativo para os anos 200-2009. Quen máis se aproxima a este nível de cobertura é o Uruguai que ten 268-256 cartillas por médico. A relación de camas de hospital por 1.000 habitante é tamén a máis alta con 6,6-5,9. Quen máis próximo está da proporción de Cuba é Saint Kitts e Nevis, nas Antillas Menores, con 5,3-3,8. O gasto de saúde en Cuba saltou de 5,5 en 2000 a 10,6 en 2009.

Cuba aumentou a representación feminina no Parlamento de 28% no 2000 a 36% no 2004 e o 43% en 2010 que é a porcentaxe máis elevada do cominmente.

Estes avances son realidade en Cuba apesar do enorme qubranto producido polo bloqueo económico e político dos Estados Unidos, contra o espírito e a letra da Lei internacional e o veredicto da Asemblea Xeral da ONU, e as penalidades causadas polos fenómenos naturais que bateron contra a illa nos últimos anos.

Fonte: Jorge Angel Hernandez, Blog Ogunguerrero, reproducido por Cubainformación número 18.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *