Cuba chama na Asemblea da ONU a resistir a ameaza dun novo reparto colonial do mundo

Cuba insta aos paises do Sur a se defenderen unidos da ameaza dun novo reparto colonial do mundo. O ministro de Estado, Bruno Rodríguez Parrilla, denunciou na Asemblea Xeral da ONU a intervención militar en Libia e a crecente ameaza a Siria definidas como “respostas oportunistas e defensivas dos Estados Unidos e de Europa contra o debalo do seu sistema de dominación e despoxo en África Norte e Oriente Próximo, e diante os levantamentos populares en Túnez, Exipto e outros países”.

A secuencia da intervención colonial en Libia foi resumida polo ministro cubano ante o pleno da ONU con estas palabras: “A OTAN impuxo al Consello de Seguridade unha cuestionabel autorización aos Estados Membros para (…) protexeren aos civís baixo ameaza de ataque; a seguir, a OTAN violou esta mesma resolución para armar e finanzar unha fracción e despregar personal operativo e diplomático sobre Libia. Agora todos comprenden mellor que cousa é e para que pode usarse a chamada responsabilidade de protexer.

Cuba chama na Asemblea da ONU a resistir a ameaza dun novo reparto colonial do mundoO representante de Cuba dixo que a maiores do emprego de armas de última xeración, os medios de comunicación foron usados para a ofensiva polos emporios financeiro-mediáticos que tiran proveito da guerra e dos planos de reconstrucción como recursos contra a crise económica. “Este novo modelo de operacións de cambio de réxime -engadiu o ministro- proba que as actuais doutrinas militares dos Estados Unidos e da OTAN son ainda máis agresivas cas precedentes e que a chamada periferia euroatlántica atinxe xa todo o planeta”.

Na visión do Estado Cubano, os recentes acontecementos indican que América Latina e o Caribe están xa incluidos neste xeito de ver o mundo, como revela a re-mobilización da IV Flota, a progresión de bases, forzas e medios medios militares para intervenir en calquera lugar da rexión; o golpe de Estado contra Venezuela no 2002 e, a seguir, o golpe petroleiro; a sedición en Santa Cruz de Bolivia, o golpe militar en Honduras e o intento de golpe no Ecuador. “Poden hoxe dar garantías os Estados Unidos e a OTAN -inquiriu o ministro- de que o uso da forza e este conceito de “cambio de réxime”, non é aplicabel no caso de os países de América Latina e o Caribe non se someterem aos seus intereses? Pode comentar algo ao respecto a Unión Europea? Qué farian as Nacións Unidas nesa eventual situación?”

Logo de reclamar da Asamblea Xeral “a ineludibel obriga moral, política e xuridica jurídica de garantir o recoñecemento dun Estado palestino independiente nas fronteiras denanteriores a 1967 e con capital en Xerusalén Oriental, como membro de pleno dereito da Organización das Nacións Unidas, Rodríguez Parrilla denunciou que dez anos despois do 11S, o mundo é ainda máis inseguro porque, no canto de convertir o consenso mundial contra o terrorismo nun sistema de cooperación internacional para resistilo, os Estados Unidos invadiron e ocuparon Iraq e Afganistán, provocando centos de miles de mortes e o malviver e a tortura de ducias de millóns. “O governo dos Estados Unidos ofende a memoria das víctimas do 11 de setembro -dixo o responsábel da política internacional do Estado Revolucionario- ao manter en prolongado e inhumano encarceramiento aos cinco loitadores antiterroristas cubanos, condenados inxustamente a penas de máxima severidade, en procesos xudiciais espurios, por buscar información sobre a actividade terrorista de grupos actuaron con absoluta impunidade dende territorio norteamericano contra Cuba e que teñen provocado a morte ou a discapacidade de 5577 dos nosos cidadáns.

Rodriguez Parrilla lembrou ao final da súa intervención que pesia a disposición do Governo da Revolución para mellorar as relacións co seu veciño do Norde, o bloqueo económico, comercial e financiero contra Cuba intensifícase e atinxe danos acumulados por 975.000 millóns de dólares, ao valor actual do ouro.

A intervención do ministro ante a Asemblea da ONU rematou cunha cita de Martí: “Cedermos no noso empeño de facer libre e próspera a Patria, non ha chegar sen antes unírense o mar do Sur e o mar do Norde e nacer una serpe dun ovo de águia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *