Cuba clama polo fin do Bloqueo, en nome dun dereito roubado á Revolución e aos Estados Unidos durante medio século

TSA (Redación)

O bloqueo aplicado por Estados Unidos contra Cuba durante máis de medio século é unha violación masiva, rechamante e teimosa dos dereitos humanos que deixa sobre o país unha altísima pegada nos sectores máis sensibeis; ao tempo, viola o dereito da cidadanía norteamericana a manter intercambios cos seus veciños en liberdade.

O ministro de Relacións Exteriores do Governo Revolucionario, Bruno Rodríguez Parrilla, argumentou nidiamente a dimensión da inxustiza imperial durante o relatorio sobre o acordo da Asemblea da ONU contra o bloqueo.

Cuba clama polo fin do Bloqueo, en nome dun dereito roubado á Revolución e aos Estados Unidos durante medio séculoNo informe titulado “Necesidade de dar cabo ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos contra Cuba”, o Chanceler cualificou o ilegal e demorado cerco de Washington coma un instrumento de forza obsoleto e propio de la guerra fría.

“Os danos acumulados polo bloqueo durante máis de 50 anos –dixo o Ministro cubano- suman até o ano 2011 un millón de millóns, isto é un billón, de dólares, o que para unha economía modesta coma a cubana é unha carga fóra de medida”. Rodríguez Parilla precisou que a cifra é real e produto dun cálculo conservador sobre o rango de depreciación do dólar a respeito do ouro.

O xefe da diplomacia cubana lembrou sofrimentos, necesidades e problemas causados a cada familia, neno, muller e persoas de idade avanzada en Cuba e asegurou que o bloqueo é o principal atranco para o progreso do país.

O ilegal cerco couta o aceso á materias primas, alimentos y mediciñas, algo expresamente proibido polas convencións humanitarias, incluso en tempos de guerra.

O Chanceler denunciou que durante o governo de Barack Obama, medrara a intensidade da política inxerencista, con máis presión sobre outros países para suspenderen os seus tratos coa maior das Antillas e máis intervención sobre transacións financeiras de Cuba con todo o mundo.

Arriar o bloqueo permitiría aos Estados Unidos renovar a súa política cara América Latina e o Caribe, despois de os governos desta área teren expresado a súa oposición ao brutal cerco. Progredindo cara unha política fidedigna de Dereitos Humanos, cesaría tamén na violación das libertades civis e os dereitos constitucionais dos norteamericanos que precisan licencias especiais para viaxaren a Cuba.

Rodríguez Parrilla lembrou que Obama ten todas as facultades constitucionais para introducir modificacións á teimosa política de aillamento, inxerencia e acoso contra Cuba. No entanto, o Ministro sinalou que Cuba seguirá a avanzar no plano económico e social, o que vai reclamar o esforzo continuado do povo sen renunciar endexamais á súa independencia e soberanía.

Na fotografía á beira, o Chanceler Rodríguez Parrilla durante a súa intervención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *