“Cuba construiu a sociedade máis fraterna do mundo” (Salim Lamrani, autor de “Cuba, palabra a la defensa!”)

Terra Sen Amos

Palabra á la Defensa! é o novo libro de Salim Lamrani sobre Cuba, traducido por Editorial Hiru. O profesor da Universidade da Reunión e xornalista de longa especialización nos problemas causados a Cuba pola inxerencia de Estados Unidos, reúne opinións sobre a realidade de Cuba non condicionadas pola propaganda de Estados Unidos, voces que nun xuicio pertencerían á defensa de Cuba, ausente na informacións dominante. Os entrevistados son Mariela Castro, directora del Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) e da revista Sexología y Sociedad; Ricardo Alarcón Quesada, ex-ministro de Estado (relacións exteriores) e ex-presidente da Asemblea do Poder Popular; Max Lesnik (Max Edgardo Lesnik Menéndez) xornalista cubano fundador de Radio Miami, medio a prol do retorno do exilio e contrário ao Bloqueo e a inxeréncia norteamericana; Miguel Barnet Lanza, poeta, novelista, ex-presidente da Unión de Escritores y Artistas de Cuba UNEAC (2007) e da Fundación Fernando Ortiz, membro do Comité Central do PCG; Eusebio Leal Spengler, historiador da cidade da Habana; Abel Prieto, escritor e político cubano, ex-ministro de cultura (1997-2012); Alfredo Guevara, fundador do Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC); Wayne S. Smith, derradeiro embaixador en Habana, antes da ruptura de relacións por parte de EUA e crítico do Bloqueo; Jean-Pierre Bel, ex-presidente do Senado francés e embaixador especial do governo de Hollande para América Latina e Álvaro Colom Caballeros, presidente de Guatemala.

Voces en defensa da Revolución. O autor do libro recorda que as opinións contra a Revolución tiveron a exclusiva nos medios durante por máis de medio século.
Voces en defensa da Revolución. O autor do libro recorda que as opinións contra a Revolución tiveron a exclusiva nos medios  por máis de medio século.

Bohemia, 8 de xuño 2016

Regresa a Cuba nas súas obras, nas súas conferéncias, no seu maxistério, e até parece que co corazón.
-Cuba é a referencia mundial de todos os revolucionarios e dos que soñan cun mundo mellor, menos inxusto, máis solidario. Unha pequena illa, perdida no mar Caribe, de once millóns de habitantes, Cuba, deu construido a sociedade máis fraterna do mundo, situando no centro do seu proxecto nacional ao ser humano. As máis prestixiosas institucións internacionais citan a Cuba como exemplo en materia de educación, saúde, seguridade social, cultura, deporte, preservación do medio ambiente e protección da infancia, das mulleres e dos anciáns así como de todas as persoas vulnerabeis. Baixo a guía do seu líder histórico Fidel Castro, a Revolución deu conquistado a plena e total independéncia de Cuba, e fixo realidade o anceio martiano dunha patria libre e soberana. Eis o avanzo sobranceiro da transformación iniciada en 1959. Cuba é símbolo de dignidade en América Latina e conciéncia moral de todos os países do Sur, arelantes por se veren libres da tutela dos poderosos estados do Norte. Mália os seus limitados recursos, as escasezas e atrancos cotiás polo implacábel estado de sitio que impón Estados Unidos desde hai máis de medio século, e que constitúe o pexo maior para o desenvolvemento nacional, Cuba fixo do internacionalismo solidario e da axuda aos pobos máis necesitados do mundo, a columna vertebral da súa política exterior. Perante tanta xenerosidade e desprendimento, só nos queda expresar respecto e admiración, pouco importa a orientación ideolóxica que teñamos. Un povo a brindar apoio e asistencia aos desherdados do planeta, mália coas súas propias limitacións e necesidades, danos fe na humanidade.

Que puntos grises, negros ou doutros tons criticaríalle?
-O pobo de Cuba ten todas as virtudes e todos os defectos da condición humana. Por iso ten dereito a errar e probablemente trabucouse algunhas veces no proceso de construción dunha sociedade diferente. O que estea libre de pecado, que tire a primeira pedra. Que proceso de transformación social feito por seres humanos pode realizarse sen erros e sen contradicións? Iso é absolutamente imposibel. O que ninguén lle pode negar a Cuba é que sempre actuou, até cando se cometeron inxustizas, con intención recta, movida polo idealismo de edificar unha sociedade mellor. Endebén, Cuba non pretende ser o paradiso nin un exemplo para os demais. Só aspira a elixir o seu propio destino.

“Cuba, parole á defense!”, é o seu novo texto que se suma as súas incursións analíticas sobre a illa. Cal é o seu fío condutor e qué o motivou a seguilo? Inclúe temas polémicos por dar voz á defensa de Cuba e intentar que non estea máis no escano dos acusados?
-Cuba vive baixo estado de sitio dende hai máis de medio século. De nada se safóu: sancións económicas anacrónicas, crueis e inxustas que afectan todos os sectores da sociedade e ás categorías máis vulnerabeis da poboación dende 1960; unha sanguenta invasión militar que argallou a CIA 17 de abril de 1961 e que causou centos de vítimas civís; unha ameaza de desintegración nuclear durante a crise dos misiles de outubro de 1962; a campaña terrorista máis longa da historia con máis de 10.000 atentados planificados dende Estados Unidos que custaron a vida a 3.478 persoas e inflinxiron secuelas permanentes a outras 2.099, así como danos materiais por centos de millóns de dólares; sen esquecer unha implacable guerra política, diplomática e sobre todo mediática contra o seu pobo, os seus dirixentes e, nomeadamente, contra o seu sistema político e social. No entanto, mália o seu innegábel estatus de vítima asediada pola gran potencia estadounidense con pretensións hegemónicas que se nega a aceptar a realidade dunha Cuba soberana e libre de elixir o seu propio destino, a nación atópase regularmente no escano dos acusados. A retórica que gastan contra ela as grandes potencias occidentais e os seus portavoces mediáticos opostos ao proceso revolucionário, é ben coñecida: “dereitos humanos, liberdade de expresión, democracia”. A diferenza de calquera tribunal digno de tal nome e respectuoso dos dereitos da defensa, Cuba áchase sistemáticamente privada do dereito a replicar aos ataques, a expor seus argumentos e a expresar a súa verdade. Os grandes conglomerados mediáticos, propiedade do mundo do diñeiro, oposto a toda crítica sobre a orde establecida, censuran metodicamente a voz de Cuba. Tan disposta a brandir os valores da liberdade de expresión e de pluralidade democrática, a prensa occidental búrlase deles de modo cínico cando se trata de conceder o dereito a réplica aos cubanos ou reservar un espazo ás opinións alternativas que a illa defende, a súa historia e o seu destino. O libro nace desta constatación. Pois que tripan o dereito de Cuba a expresar as súas posicións e a responder ás acusacións, tomamos a decisión de dar, por unha vez, a palabra á defensa! Pedimos a dez personalidades de primeira magnitude, sete figuras cubanas e tres eminencias internacionais, en conversacións francas e sen compracéncia, compartir a súa visión de Cuba, da súa historia e do seu futuro.

Moitas miradas están postas sobre Cuba agora. Parécelle que a obsesión de acusar a este país puidese estar cedendo logo do inicio do proceso de restablecimiento de relacións diplomáticas con Estados Unidos?
-Convén recoñecer que diminuíu a hostilidad mediática cara a Cuba dende o 17 de decembro de 2014, día en que Washington e A Habana anunciaron a recuperación das relacións bilaterales. Iso danos a medida da obediéncia dos medios informativos respecto de Estados Unidos. No espazo de 24 horas, Cuba pasou do estatus de Estado Deliencuente co cal non se pode falar, ao de nación membro da comunidade internacional co que se pode negociar. Endebén, iso non significa que agora a prensa occidental presente a realidade cubana con honestidade e equilibrio. Amósase aínda incapaz de dar proba de imparcialidade con Cuba, pola sóa razón de a illa cometer o pecado de repartir as riquezas.

Hai pouco nun conversatorio na Habana, ao valorar a visita do presidente francés a Cuba, vostede asegurou que o mandatario pasaría á historia por esa visita. Que lle fai pensar así?
-O presidente Hollande, consciente de Cuba representar a autoridade moral de América Latina, fixo do fortalecimiento dos lazos con Cuba unha prioridade porque, segundo dixo, “Cuba é respectada e escoitada en toda América Latina”. Con esta visita histórica, o presidente François Hollande reforzou a influencia de Francia non só na illa do Caribe senón tamén en toda América Latina, onde a patria de José Martí ocupa un lugar especial no corazón dos pobos. Tamén,  indica a vía a seguir ás demais nacións occidentais e manda unha mensaxe á Unión Europea e a Estados Unidos. Recorda que o mellor xeito de promover intereses mutuos é basear as relacións con Cuba na igualdade soberana, o diálogo respectuoso e a non inxerencia nos asuntos internos.

Como o que avisa non é traidor, de que avisaría vostede a Cuba no actual contexto?
-O pobo cubano, coa súa intelixencia, saberá enfrontar os retos do futuro coa mesma determinación de sempre. Non teño lexitimidade nengunha, nin autoridade moral para les dicer aos cubanos, a quen tanto admiro e respecto, o que deben facer.

Máis información sobre o libro en www.hiru-ed.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará