Cuba denúncia a conspiración da OEA e nega a entrada a Luis Almagro

Terra Sen Amos – Redacción

O Secretario Xeral da OEA, Luis Almagro Lemes, tiña todo programado para se retratar na Habana recibindo unha medalla inventada pola imperialista Fundación para la Democracia Panamericana para premiar ataques propagandísticos e entremeses demagóxicos contra gobernos independentes do continente. O programa buscaba descualificar ao goberno de Cuba, mediante unha convocatoria na Habana para xerar inestabilidade e danar a imaxe internacional do país. Cuba denunciou a convocatória e negou permiso de entrada a Almagro.

Mercenários para mallar por encarga, no orixinal Jackson Healy (Russell Crowe) e Holland March (Ryan Gosling) e na caricatura, publicada en Uruguay, nos papeis de Luis Almagro (na esquerda) e Mauricio Macri, ás ordes da National Endowment for Democracy NED.

Unha nota do Minrex denúncia ao propio Almagro e a activistas da dereita integrados na Iniciativa Democrática para España y las Américas (IDEA), que ven actuando agresivamente nos ultimos tempos contra da República Bolivariana de Venezuela e outros  países con gobernos progresistas e de esquerda en América Latina e o Caribe.

Na programación colaboraban o Centro Democracia y Comunidad e o Centro de Estudios y Gestión para el Desarrollo de América Latina (CADAL) como tamén o Instituto Interamericano para la Democracia, do terrorista e axente da CIA Carlos Alberto Montaner.  Dende 2015, Cuba ven denunciando a relación entre estas organizacións e a Fundación Nacional para la Democracia de Estados Unidos (NED, nas siglas en Inglés), que recibe fondos do governo de EUA.

O MINREX sinala que non faltaron pronunciamientos “de defensores de falsos perseguidos, socios de pasadas dictaduras e políticos sen emprego listos para aliarse con vulgares mercenarios, en nómina de intereses extranxeiros, que carecen  de apoio dentro de Cuba, viven de calumnias insostenibles, posan como vítimas e actúan contra os intereses do pobo cubano e do sistema político, económico e social que éste elixiu libremente e defendeu de forma heroica”.

De Almagro e a OEA, di o MINREX que no seu tempo breve na presidéncia da institución, fíxose notar por promover, sen mandado dos estados asociados, una pretenciosa axenda de auto-promoción con ataques contra gobernos progresistas como Venezuela, Bolivia e Ecuador. E engade a nota que por causa da campaña neo-liberal e dos ataques imperialistas e oligárquicos contra a integración latinoamericana e caribeña e contra la institucionalidad democrática, millóns de latinoamericanos retornaron á pobreza, perderon seus empregos e vironse forzados a emigrar, cando non padeceron tortura ou secuestro de mafias etraficantes ao tempo que inzaban no hemisfério ideas aislacionistas e proteccionistas, deterioro ambiental, deportacións, discriminación relixiosa e racial, inseguridade e represión.

“Onde estaba a OEA, sempre en silenzo cúmplice fronte estas realidades? –pregunta o Minrex– Por qué cala? É preciso vivir na irrealidade para tentar venderlle aos cubanos “os valores e princípios do sistema inter-americano” fronte a dura e anti-democrática realidade producida por ese mesmo sistema e compre ter escasa memória para non recordar que, en febrero de 1962, Cuba ergueuse en solitário fronte ese cónclave inmoral, como o chamara Fidel na Segunda Declaración de La Habana. Ao cabo de cincuenta e cinco anos e coa compañía de pobos e  gobernos de todo o mundo, compre repetir, como aseguróu Raúl Castro, que Cuba nunca regresará a OEA”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará