Cuba derrota a LEY DE AJUSTE que aguilloóu durante 51 anos a emigración de cubanos aos EUA

Terra Sen Amos- Redacción

Cuba consigue unha nova victoria política de grande alcance ao forzar a renúncia dos Estados Unidos á Ley de Ajuste, eixo da guerra imperial contra a independéncia da illa e arma propagandística de enorme resonáncia contra a Revolución, ao proclamar que o desexo principal da cubanía era emigrar ao paradiso capitalista. A
Ley de Ajuste Cubano premiaba dende 1966 a entrada ilegal de nacionais cubanos en territorio dos EUA no entanto recusaba militarmente o acceso de nacionais americanos non estadounidenses. Cuba levaba décadas denunciando nas instáncias internacionais e nos medios esta diferenza de trato dirixida coma unha bomba contra a súa soberania mentres os governos do norte lavaban as mans a conta da traxédia emigrante sen mencionar o engado estadounidense que a provocaba. Donald Trump serviu a Obama, nos seus derradeiros dias de presidente, a coartada precisa para acabar coa infámia da Ley de Ajuste Cubano ao termar o recén eleito presidente na construcción dun muro contra México, aliado preferente dos EUA.

Cubanos e estadounidenses celebraron nas últimas horas o fin da Ley de Ajuste perante a embaixada da illa en Washington. O éxito do acordo débese en primeiro lugar a prudéncia e intelixéncia do Governo de Cuba e ao labor da capaz equipa da Embaixada.

Cubanos e estadounidenses celebraron nas últimas horas o fin da Ley de Ajuste perante a embaixada da illa en Washington. O éxito do acordo débese en primeiro lugar a prudéncia e intelixéncia do Governo de Cuba e ao labor da capaz equipa da Embaixada.

O acordo procura “garantir unha migración regular, segura e ordenada”. A este fin, Washington suspende de feito a política de pés secos-pés mollados e o programa de admisión provisional para profesionais cubanos da saúde, coñecido baixo o termo inglés de parole, que define no dereito dos EUA a liberdade condicional. O texto do acordo é o seguinte:

“MOTIVADOS polo interese de normalizar as relacións bilaterais, sobre a base da observáncia dos propósitos e principios consagrados na Carta das Nacións Unidas, incluídos os relacionados coa igualdade soberana dos Estados, a solución de controversias internacionais por medios pacíficos, o respecto á integridad territorial e a independencia política dos Estados, o respecto pola igualdade de dereitos e a autodeterminación dos pobos, a non intervención nos asuntos internos dos Estados e a promoción e o estímulo do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais de todos;

AFIUZADOS polo restablecimiento das relacións diplomáticas o 20 de xullo do 2015, baseadas no respecto mutuo e a vontade política de fortalecer as relacións bilaterais e establecer novos entendementos en diversos temas de interese común;

CONSCENTES da necesidade de facilitar a migración regular que beneficia a ambos países e fai desistir da migración irregular;

COMPROMETIDOS na prevención da migración irregular, en impedir saídas de cidadáns da República de Cuba que poñen en perigo a vida humana e contra os actos de violencia relacionados coa migración irregular, como a trata e o tráfico de persoas; e en comezar o retorno regular dos cidadáns cubanos como se establece nesta Declaración Conxunta.

A República de Cuba e os Estados Unidos de América conviron dar un paso importante na normalización das súas relacións migratorias, para garantir unha migración regular, segura e ordenada. Os Comunicados Conxuntos de data 14 de decembro de 1984 e 9 de setembro de 1994 e a Declaración Conxunta con data 2 de maio de 1995, permanecen en vigor agás no disposto pola presente Declaración Conxunta (os ‘Acordos Migratorios’). A presente Declaración Conxunta non ten por obxecto modificar os Acordos Migratorios con respecto ao retorno dos cidadáns cubanos interceptados no mar polos Estados Unidos ou o regreso de migrantes entrados ilegalmente na Base Naval de Guantánamo.

Neste contexto, os Estados Unidos de América eliminará a política especial de parole para os cidadáns cubanos que chegan a territorio dos Estados Unidos (comúnmente chamada política ‘pés secos-pés mollados’), así como o programa de admisión provisional (parole) para profesionais cubanos da saúde en terceiros países. Os Estados Unidos aplicará a partir da asinatura deste acordo a todos os cidadáns cubanos, de conformidade ás súas leis e normas internacionais, o mesmo procedemento e normas migratorias aplicados aos cidadáns doutros países, en correspondencia co que establece a presente Declaración Conxunta.

1.- A partir da data desta Declaración Conxunta, os Estados Unidos de América, conforme as súas leis e as normas internacionais, devolverá á República de Cuba, e a República de Cuba, conforme as súas leis e as normas internacionais, recibirá, a todos os cidadáns cubanos que con posterioridade á firma desta Declaración Conxunta, sexan detectados polas autoridades competentes dos Estados Unidos de América tentando ingresar ou permanecer irregularmente nese país, violando as leis de Estados Unidos.

Os Estados Unidos de América e a República de Cuba declaran a súa intención de promover cambios nas súas respectivas leis migratorias, co propósito normallizaren plenamente as relacións migratorias entre os dous países.

2.- A República de Cuba e os Estados Unidos de América aplicarán as súas leis de migración e asilo aos cidadáns da outra parte, non selectiva nin discriminatoriamente, e de conformidade coas súas obrigacións internacionais.

3.- Os Estados Unidos de América seguirán garantindo a migración legal desde a República de Cuba cun mínimo de 20 mil permisos anuais.

4.- A República de Cuba e os Estados Unidos de América, decididos a desalentar de vez os actos ilícitos vinculados coa migración irregular, promoverán unha cooperación bilateral eficaz para previr e procesar o tráfico de persoas, así como os delitos asociados aos movementos migratorios, que poñen en perigo a súa seguridade nacional, incluíndo o secuestro de aeronaves e embarcacións.

5.- A República de Cuba aceptará que persoas incluídas na lista de 2746 que serían devoltas, segundo o Comunicado Conxunto de data 14 de decembro de 1984, sexan substituídas por outras persoas e devoltas a Cuba, sempre que sexan cidadáns cubanos que saísen cara aos Estados Unidos de América polo porto de Mariel en 1980 e fosen detectados polas autoridades competentes dos Estados Unidos cando trataban de entrar ou permanecer irregularmente nese país, violando as leis de EE.UU. Ambas partes poñeranse de acordo sobre a lista específica destas persoas e o procedemento para a súa devolución.

6.- A República de Cuba considerará e decidirá caso por caso a devolución doutros cidadáns cubanos que están actualmente nos Estados Unidos e antes da firma desta Declaración Conxunta foran detectados polas autoridades competentes dos Estados Unidos cando trataban de entrar ou permaneceren irregularmente nese país, violando as leis de EE.UU. As autoridades competentes dos Estados Unidos atenderán de preferéncia os casos das persoas a quen ditas autoridades competentes determinaron como prioridad para devolución.

A partir da data en que se asine esta Declaración Conxunta, ambas partes aplicarán os procedementos necesarios para o seu cumprimento. As partes poderán reunirse e revisar devanditos procedementos periódicamente para garantir unha aplicación prática eficaz.

As autoridades competentes da República de Cuba e os Estados Unidos de América reuniranse de forma periódica para asegurar que a cooperación en virtude dos Acordos Migratorios lévase a cabo de conformidade coas súas respectivas leis e obrigacións internacionais.

Asinado o 12 de xaneiro de 2017, na Habana, Cuba, nos idiomas inglés e español, unha vez comprobada e exacta equivaléncia de ambodous textos.

Polo Goberno da República de Cuba, Ministro do Interior Xullo César Gandarilla.

Polo Goberno dos Estados Unidos de América, Encargado de Negocios a.i Jeffrey DeLaurentis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará