Cuba e a retórica dos dereitos humanos

O profesor Salim Lamrani analiza a campaña contra Cuba.

O especialista francés nas relacións entre Cuba e os Estados Unidos de América Salim Lamrani, desvela neste artigo en dúas partes a doble moral dos países occidentais ao tratar o tema dos dereitos humanos, en concreto no caso de Cuba, revelando como os devanditos estados teñen casos de violacións deses dereitos tanto ou máis graves que os que lle imputan a aquel país. Tamén comenta o autor que os medios de comunicación son cómplices desta campaña, ao destacar de forma desproporcionada como noticia asuntos que de sucederen en calquera outro país nin se mencionarían, coa única intención de estigmatizar e condenar a Cuba.

Salim Lamrani

Rebelión

Cuba e a retórica dos dereitos humanos

Unha constatación inicial

En Occidente, o nome de Cuba asóciase inevitablemente á problemática dos dereitos humanos. Os medios europeos e estadounidenses sinalan á maior illa do Caribe de modo reiterado sobre este tema. Ningún outro país do continente americano se sinala tanto co dedo como a patria de José Martí, que dispón dunha cobertura mediática desproporcionada en relación co seu tamaño. En efecto, acontecementos que pasarían desapercibidos en calquera outra parte de América Latina ou do mundo difúndense inmediatamente na prensa internacional cando se trata de Cuba.

Así, o suicidio en febreiro de 2010 de Orlando Zapata Tamayo, un preso condenado por delictos comúns en Cuba, mediatizouse moito máis que o descubrimento, en xaneiro de 2010, dunha foxa común con 2.000 cadáveres de sindicalistas e militantes dos dereitos humanos asasinados polo exército colombiano. Do mesmo xeito, as manifestacións dos opositores cubanos aparecen regularmente na prensa occidental a cal, ao mesmo tempo, censura as exaccións -!Máis de 500 casos de asasinatos e desaparicións!- que comete a xunta militar, de Roberto Micheletti primeiro, e despois de Porfirio Lobo, que goberna actualmente en Honduras despois do golpe de Estado de xuño de 2009 contra o presidente democraticamente elixido José Manuel Zelaya.

Estados Unidos xustifica oficialmente a imposición das sancións económicas, en vigor dende xullo de 1960 e que afectan a todos os sectores da sociedade cubana, en particular aos máis vulnerables, polas violacións dos dereitos humanos. De 1960 a 1991, Washington explicou que a alianza coa Unión Soviética era a razón da súa hostilidade cara a Cuba. Dende o derrubamento do bloque do Leste as diferentes administracións, dende Georges H. W. Bush ata Barack Obama, utilizaron a retórica dos dereitos humanos para explicar o estado de sitio anacrónico, o cal lonxe de afectar aos dirixentes do país, fai pagar o prezo das diverxencias políticas entre as dúas nacións aos anciáns, as mulleres e os nenos.

Pola súa banda, a Unión Europea impón unha Posición Común -¡A única no mundo!- dende 1996 ao Goberno cubano, que limita os intercambios bilaterais, polas mesmas razóns. Esta estigmatización constitúe o piar da política exterior de Bruxelas respecto a La Habana e representa o principal obstáculo para a normalización das relacións bilaterais. Entre 2003 e 2008, a Unión Europea tamén impuxo sancións políticas, diplomáticas e culturais a Cuba polas mesmas razóns, polo menos oficialmente.

Ler o artigo completo (dúas partes) en:

Cuba y la retórica de los derechos humanos (1/2)
Cuba y la retórica de los derechos humanos (2/2)

VER WEB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará