A ALBA-TCP asiste a Venezuela contra o ataque de EUA

TSA-Axencias
“Así como Cuba nunca estivera soia, Venezuela non o vai estar”, declarou o Goberno Revolucionario da República de Cuba ao ter noticia da alerta nacional decretada pola presidencia dos EUA contra a República Bolivariana. A pouco de Cuba, Bolivia e Ecuador solidarizarse con Venezuela, a “Alianza Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América-Tratado de Comercio de los Pueblos” (ALBA-TCP) condenou de vez o decreto emitido dia 9 polo presidente dos EUA, Barack Obama. “A agresión norteamericana  para a estabilidade da RBV e polo tanto para a nosa Rexión, non ten precedentes -precisa a ALBA-,  viola toda norma internacional da vida entre Estados iguais e soberanos, despreza a tradición anti-imperialista e o acervo histórico dos nosos pobos, e  ameaza a paz e a vida dos nosos países”. A ALBA-TCP recusa o intento de desprezar a soberanía, a paz y a orde democrática na República Bolivariana de Venezuela, e chama ao goberno dos Estados Unidos de América a respectar a autodeterminación dos povos e a non inxerencia nos asuntos internos, conforme o Dereito Internacional e o espírito de liberdade e independencia.ALBA

Publicada a orde executiva de Obama, na que Venezuela é cualificada de ameaza para a seguridade nacional estadounidense, Evo Morales, presidente de Bolivia reclamou unha reunión emerxente da Unión de Nacións Sudamericanas (UNASUR) e pediu á Comunidade de Estados de Latinoamérica e Caribe (CELAC) asumir a defensa de Venezuela. O Gobernoo de Cuba preguntta cal é a ameaza de Venezuela a Estados Unidos: “Distante dos EUA, sen armas estratégicas e sen emprego de recursos nin intervención de funcionarios para conspiraren contra a orde constitucional estadounidense, a declaración non merece creto e revela os fins de quen a fai pública”. De porparte, a agresiva declaración, pon en alerta aos gobiernos de América Latina e Caribe que en xaneiro de 2014, no Segundo Cumio da CELAC, celebrado na Habana, declararon a rexión Zona de Paz e recusaron calquera iniciativa á contra. Cuba lembra que os gobernos da CELAC acumulan a memoria viva do intervencionismo imperial na súa historia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *