Cuba e Fidel

Mercedes Santiago – Terra Sen Amos

Diante da marea humana que despide ao lider da Revolución Cubana Fidel Castro, non falta quen a compare coa que suscitou a morte do ditador Franco.  Comparar a figura de Fidel Castro, que se erguéu contra un ditador, Fulgencio Batista, coa de Franco, que o fixo contra un goberno legalmente constituido, a II República, é de ignorantes. Non está entre as miñas preocupacións máis inmediatas cuantificar as mareas humanas que tanto interese despertan nalgúns xornalistas, pero, por curiosidade, fun á hemeroteca consultar o ABC, xornal nada sospeitoso de recortar a marea que acompañou a Franco, máis ben é de supoñer que para eles fora preamar. Atopo neste xornal que entre 300.000 e 500.000 pasaron pola capela ardente, e que, in situ, segueron o funeral cen mil. Recollo o diálogo dun xornalista cun benedictino no Valle de los Caidos: “Padre, ¿cuantas personas cree usted que habrá aqui? Y el buen padre me contestó: aparte de autoridades y altos dignatarios, creo que están invitadas unas dos mil personas”. Non caera na conta de que estes eventos por esta parte do mundo fanse por invitación, non vaia ser o demo. Se nos 70 a poboación do Estado Español  era duns 34 millóns, non vexo a marea humana que algúns nos queren facer crer. Cuba ten 11 millóns de habitantes e di La Vanguardia (xornal lonxe de ser considerado comunista) que máis de seis millóns renderon tributo a Fidel. Quen queira e teña tempo, que faga a porcentaxe.

(Carta publicada en El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Faro de Vigo)

Fidel en Santa Clara.
Fidel en Santa Clara.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará