Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington

Granma e Prensa Latina.

A posición común da Nosa América contra o bloqueo de Cuba e a prol da descolonización de Malvinas, frustrou as propostas dos Estados Unidos e Canadá no Cumio das Américas, celebrado domingo en Cartaxena de Indias. Norteamérica negouse a asinar un comunicado final que reclamaba a integración de Cuba e a devolución de Malvinas.

O Cumio pasará a historia pola protesta do continente Sur. “Todos os países de América Latina e o Caribe queren que Cuba estea presente, mal que exista unha imposición de Norteamérica que non o acepta”, dixo o presidente de Bolivia Evo Morales, que chamou tamén a atención sobre o progresivo aillamento dos Estados Unidos.

Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de WashingtonO presidente Boliviano engadiu que amais dos países que integran o bloque da Alianza Bolivariana para os Povos da Nosa América (ALBA), outros xefes de Estado reclamaron que este sexa o derradeiro Cumio sen Cuba.

De feito, o presidente de Colombia, anfitrión da Asamblea e cipaio dos Estados Unidos, dixo que a política de exclusión era anacrónica e advertiu que outro foro hemisférico cun Haití postrado e sem a presenza de Cuba, sería inaceptábel.

A fotografía á beira, recolle o momento da intervención do presidente de Bolivia, Evo Morales.

Crónica completa sobre o Cumio neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará