Cuba e Noruega chaman a defender o acordo de paz en Colombia

Terra Sen Amos – Redacción

Cuba e Noruega chaman a rebato en defensa do histórico armisticio asinado en Cartagena de Indias setembro de 2016, entre o goberno de Bogotá e as Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (FARC-EP)  Mediante un comunicado conxunto publicado dia 30, recordan o compromiso internacional de construción dunha paz estábel e resistente as tentacións da violencia. Os asinantes conceden importancia maior a protección da Xurisdicción Especial para a Paz, trazada e acordada entre as partes con mentes de garantir verdade,  xustiza e reparación, con garantias para a reforma agraria, a sustitución de cultivos ilícitos, con seguridade e plena reintegración e reintegración social e política dos ex combatentes das FARC-EP.

Raúl Castro, Juan Manuel Santos e Timoleón Jiménez, xefe do Estado Mayor Central de las FARC-EP, presidiran na Habana a cerimonia previa da paz en Colombia. No acto particiara o secretario xeral da ONU.

O diálogo entre as FARC-EP e o Goberno, contara cos medios e a garantia do goberno de Cuba que fixo posibel a asinatura previa do cese do fogo 23 en xuño de 2016 na Habana, como acordo capital previo a asinatura do compromiso en Cartagena. Porén, abondaron uns meses do goberno de Duque para revertir a decisiva redución dos indices de violencia que vivira o pais dende a esperanza da Habana. Coa chegada do gabinete comisionado pola equipa de Trump, reprentantes da extrema dereita legal e ilegal de Colombia forzaron a conxelación do calendario de reintegración social e atentaron contra figuras políticas comprometidas cos históricos acordos da Habana. No dia seguinte do anuncio do regreso as armas de ex dirixentes das FARC, Cuba e Noruega lanzaron a alarma contra esta nova traxedia para un continente ao que governo dos EUA, vestido de bombeiro, asola con atentados incendiarios. Un chamado que a UE acollía con distancia mentres o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro,  reafirmaba a rexa implicación do seu goberno nos acordos de paz de Colombia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará