Cuba é un obxectivo mediático de primeira importancia, sen ter recursos, armas nin posición xeo-estratéxica particular

A profesora da Complutense Ángeles Díez, tratou na Asemblea da Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC) da información deturpada que sobre a Revolución ofrecen os medios do capitalismo e sinalou que non se pode perder de vista que a loita contra os medios dominantes é a loita contra o Capital.

Para a profesora Díez, é un feito que Cuba foi e é obxectivo militar do imperio estadounidense. Dende o triunfo da Revolución, lanzaron contra o país todo xénero de ataques, dereitos (invasión da Badía de Cochinos, guerra química e bacteriolóxica, atentados coma o da bomba que fixo anacos o avión de Cubana en pleno voo en 1976, intentos de asasinar ao seu presidente…) e indireitos. Dentro destes últimos, poderíanse incluír os correspondentes aos medios de comunicación.

A membro da Coordenadora de Solidariedade con Cuba explicou na súa ponencia por que unha illa que carece de armas nucleares, non ten unha posición xeo-estratéxica particular e non conta con grandes recursos naturais pode ser un obxectivo mediático de primeira importancia. Dúas razóns centran a xuízo de Ángeles Díez esta guerra desproporcionada do Imperio e os Estados con el aliñados contra Cuba: o primero é o concepto de soberanía; o segundo, o de centralidade do ser humano ou sistema que ter ao ser humano no seu centro. “Trátase de dous aspectos da Revolución Cubana que non pode dixerir o capitalismo”, dixo a profesora que foi presentada por Ramón Fernández Leal, ex-presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.

A profesora da Complutense Ángeles DíezNa fotografía, Ángeles Díez durante a súa intervención na Asemblea da CESC. Á súa esquerda, Moncho Leal, directivo e ex-presidente da “Francisco Villamil”. Pode accederse á ponencia completa da profesora Díez no enlace indicado ao final desta páxina.

Por que Cuba segue a ser alvo da guerra mediática

Ángeles Díez

Dezasete de marzo de 2010: prensa escrita e emisoras de TV, daban conta de a policia cubana “reprimir con violencia unha manifestación pacífica das Damas de Blanco”. Vinteseis de marzo: a RTVE informaba da “solidariedade de Miami coas Damas de Blanco”. Vientún de xuño: dando conta da apresentación do libro de Yoanis Sanchez “WordPress, un blog para hablar del mundo”, certos medios titulaban: “Soño cun 15-M na Praza da Revolución da Habana”.

Vinteoito de setembro: contestando a preguntas da comunidade hispana sobre emigración , o presidente dos EEUU aseguraba nunha entrevista dende a Casa Branca que “Xa é ben hora de que aconteza algo en Cuba” (El Pais, 28-09-11).

É interminábel a lista de novas, artigos e declaracións a conta de Cuba, ocurra ou non calquera evento. Do conxunto de referencias e noticias que inzan todos os medios masivos –nacionais e internacionais- enfoque, contidos e formas son nidiamente agresivos contra Cuba. As noticias citadas son de hai pouco pero de escollermos calquera ano ou mes, dende o triunfo da Revolución Cubana até hoxendía, a análise da información sobre Cuba ou referidas á illa daríanos un panorama semellante, con vales e cumios en función dos acontecementos internacionais (guerras do imperio, revolucións en proceso, cambios de gobierno na Nosa América etc.).

Un tratamento direitamente relacionado coa conversión de Cuba nun obxetivo militar por terse saido da órbita imperial.

É ben evidente que Cuba foi e é obxetivo militar do imperio estadounidense. Dende o trunfo da Revolución, lanzaron contra o país todo xénero de ataques, direitos (invasión da Badía de Cochinos, guerra química e bacteriolóxica, atentados coma o da bomba que fixo anacos o avión de Cubana en pleno voo en 1976, intentos de asasinar ao seu presidente…) e indireitos. Dentro destes últimos, poderíanse incluir os correspondentes aos medios de comunicación. Ser obxectivo militar implicou sempre ser obxetivo mediático.

Pretendo contestar nestas liñas á pregunta que adoitamos facer ao termos a percepción diaria destes ataques: cómo pode un pequeno país como Cuba ser visto coma unha terribel ameaza? Por qué unha illa que carece de armas nucleares, non ten unha posición xeo-estratégica particular e non conta con grandes recursos naturais… pode ser un objetivo mediático? Ou, dito doutro xeito, qué cousa é a que converte Cuba nunha terribel ameaza para o imperio e os seus socios?

É asemade a miña intención, apuntar cómo os medios arman unha pantalla con palabras máscara cando falan de Cuba polo procedimento de orientar a nosa defensa de Cuba cara a territorios previamente construidos e delimitados. Por exemplo, na defensa que din facer de Cuba no campo dos Dereitos Humanos, ou no das liberdades. Nese territorio, os discursos mediáticos poden bombardear impunemente pois que o imaxinario social está ferreñamente consolidado e nós apenas podremos contrarrestar o seu efecto. As regras do campo mediático están pre-establecidas e o máis asisado é procurar desmarcarnos deses espazos-trampa a base de estudar cómo foron construidos e que outros espazos tratan de ocultar.

Soberanía e independencia nacional.
Non son poucas as razóns que nos acoden para explicarmos a condición de Cuba como “ameaza real para o imperio”. Centraríame en dúas, ao meu ver esenciais. Dúas razóns para comprendermos que, mesmo producíndose cambios na illa, moitos deles na direción propugnada pola “Comunidade internacional”, ningún deles habería de dar satisfación nin amatar as iras mediáticas en tanto non se , modifiquen dous dos peares fundamentais da Revolución Cubana. O primero chámase soberanía; o segundo, centralidade do ser humano ou sistema que ter ao ser humano no seu centro. Trátase de dous aspectos da Revolución Cubana que non pode dixerir o capitalismo.

Arredor do concepto de soberanía, ensaríllanse termos coma independenza, autonomía, liberdade para definir o crecemento desexábel etc. Arredor do conceito humanidade, aparecen outros coma dignidade e solidariedade.

Un proceso de descolonización, con ritmos variabeis, iníciase ao cabo da Segunda guerra mundial, cun dano enorme para os imperios europeos. Os Estados Unidos toman o relevo da hexemonía europea e, por circunstancias coincidentes, como fora a súa tardía implicación na guerra, saen fortalecidos e nas mellores condicións para sustituiren a Inglaterra e Franza como potencia mundial. Os Estados Unidos encetan unha forma de de dominio mundial que algúns autores chaman neocolonialismo e otros imperialismo.

Podemos sinalar como elementos principais desta nova forma de dominio, o control prioritario do territorio a traveso da economía e o dominio da mente a medio da língua (os medios) Este xeito de exercer soberanía non exclúe o uso da forza: como sabemos EEUU mantén máis de 800 bases militares en todo o mundo e ten presenza militar en máis de 156 países, a mais das bases dos seus socios. As bases funcionan coma enclaves que permiten despregar forzas rápidas de intervención armada e son ao tempo forzas disuasorias.

Durante o século XIX, o modelo de colonización a distancia, facía necesaria a connivencia das elites criollas, hexemonías económicas e culturais. No XX o cine e a TV van permitir unha incursión direta nos países empobrecidos. As industrias de publicidade e relacións públicas desenvólvense enormemente de par da guerra e do consumo. O capitalismo globalízase a medio da guerra e do consumo.
Marx e Engels consideraban a expansión colonialista evolución necesaria do crecemento industrial capitalista, para garantir o recado de materias primas en competencia cos países industriais rivais e para rematar coas resistencias das economías non capitalistas. Deste xeito acoutaban o control colonial dentro do contexto económico xeral pero non o reducían só a isto pois o colonialismo, destruía ao tempo as economías tradicionais e incidía nas relacións sociais, culturais, e na ideoloxía.

A partir da Segunda Guerra Mundial e acompañando o proceso de descolonización, o neo-colonialismo é un tipo de imperialismo no que a referencia política non ten tanta importancia [1] como a referencia económica, con las implicacións consecuentes de “control político y militar indirecto”. O que caracteriza o neocolonialismo é a“independencia nacional” a condición de manter o control económico.

A referencia económica permite entender as relacións internacionais no momento de expansión do capital, mais , como se mantén o control económico cando se perde o dominio político e militar direito? Cómo se concretan as nuevas formas de dominación?

Unha vez destruidas as formas de producción autóctonas e frustrado o desenvolvemento económico autónomo, as elites nacionais garanten os intereses das potencias dominantes (coincidentes cos seus propios intereses) o que fai redundantes as intervencións directas. A expansión do capitalismo dende finais do XIX até hoxe está unida á progresión do capital mediático xeneralizador da forma de vida capitalista: o individualismo, a competencia, o consumo, a mercantilización de todas as relacións. O dominio capitalista só pode darse nun sistema global e total e a condición de subordinar a todos a unha mesma lóxica de explotación e sometemento. Calquera proxecto nacional concebido fóra desta lóxica convértese en “Estado delincuente”. Ser independente convierte a Cuba nunha ameaza.

A revolución socialista cubana está unida á loita pola independencia nacional. Socialismo e soberanía é un par indisolubel no caso cubano.

Sendo a razón do capitalismo a acumulación económica, non abondaba coa liberalización das relacións económicas ou coa entrada de capitais extranxeiros en Cuba. Moitas das medidas introducidas no periodo especial, non podían senón mereceren a aprobación do capital norteamericano como oportunidades de negocio. Con todo, o bloqueo económico non abrandou senon que había recrudecerse con novas medidas. En Cuba non abondan os cambios económicos –considerados na dirección adecuada- e faise necesario un cambio da dirección política porque é a política a que controla a economía. Non se pretenden xa que logo reformas que fagan homologabel a Cuba co dominio capitalista internacional. Preténdese integrala, facerla dependente.

Obama, na entrevista de 28 de setembro pasado nun diario de Madrid sinala que “chegou a hora de que suceda algo en Cuba”. O xornalista Antonio Caño dóese ao final do artigo de que “fóra desa descripción xeral, Obama non menciona condicións específicas, como eleccións democráticas ou liberdade de partidos para o governo cubano acadar o levantamento do embargo”.

Semellante obxectivo “integrador” e/ou “normalizador” da política cubana é a garantía única coa que o imperio di estar dacordo. Para acabar co socialismo compre acabar coa soberanía. Porén, para acabar coa soberanía compre acabar co socialismo.

Eis a garantía de finalmente a illa non ser máis un exemplo pernicioso para o resto do mundo. Logo da desaparición da URSS, os intentos de rematar coa dependencia imperial e recuperar a soberanía, convertéronse en guerras neo-coloniais: Afganistán, Iraq e agora Libia. Cuba soubo resistir e aferrarse á súa soberanía con dous recursos básicos: en primero lugar, enfrentando os ataques dos media dominantes e o seu poder para estableceren áreas de exclusión; en segundo lugar, evitando ficar aillada.

En calquera xénero de convulsión internacional comprometedora para a hexemonía ideolóxica e económica do capitalismo como sistema arreciaron os ataques contra Cuba. Aconteceu así na guerra de 2003 contra Iraq; foi deste xeito no comezo das revolucións árabes e na agresión imperialista a Libia. Neses intres, interprétase que las fuerzas de ezquerda a prol de Cuba están nunha situación de maior debilidade e con posibilidades de se fragmentar ainda máis.

A perda de soberanía dun país pasa consecuentemente por integrar e subordinar ás elites. No caso de Cuba á direción política. Tamén por arredar á direción política dun país coas súas bases. A cidadanía dun país capitalista non pode incidir nas decisións pois isto sería un perigo para calquera governo. A incapacidade para resolver os problemas esenciais do povo destruiría calquera governo por falla de lexitimidade. Con todo, na illa prodúcese todo o contrario: é o povo de Cuba por medio da súa relación coa direción política, o principal garante do goeverno.

A partir de los noventa, aproveitando a crise económica en Cuba, a estratexia norteamericana contra a illa centrarase nas achegas para os media e os disidentes. De feito, o programa de achegas de 20 millóns de dólares, aprobado polo Congreso dos Estados Unidos en 2010 “para dereitos humanos e iniciativas da sociedade civil, a prol do povo de Cuba”, explica o destino das achegas e os obxectivos buscados. A parte principal do orzamento vai a expandir e reforzar as organizacións da sociedade civil, promover redes sociais para actuaren “á maneira de axentes do cambio democrático e como sustento de redes de oposición e os seus cabezaleiros, de promotores de palestras críticas no Internet, iniciativas privadas e afrocubanos” O informe alude indireitamente á inutilidade das achegas prestadas por Estados Unidos durante anois aos grupos disidentes do exilio.
Socialismo é humanidade.

O segundo aspecto que fai de Cuba e da súa Revolución unha ameaza verdadeira, é a centralidade do ser humano e das súa necesidades ou, para o caso, do socialismo. A Revolución Cubana declárase socialista ao se facer evidente que só dende o socialismo pode darsde garantía ao povo de condicións de vida a xeito. Como diría o profesor cubano Fernando Martínez Herecia, “foi unha revolución dos pobres.

É condición do capitalismo crear a apariencia de ter entre os seus devezos resolver los problemas del mundo. A causa de ter fracasado neste obxectivo polo de agortas non é outra que a falla de atención ás súas recomendacións, din os capitalistas, ou ben por as circunstancias ou a sorte non seren favorábeis. A propaganda capitalista ten dous lemas: os povos no poden escapar da miseria e a utopía dun mundo xusto debe reservarse ao campo dos ideais, abstractos e xenéricos. O sistema cubano revela a falsidade do discurso neoliberal.

Partindo dos principios de igualdade e solidariedade, unha illa pobre, con recursos limitados, da resolto, non sen dificultades, as principais necesidades do povo. A partir da Revolución, Cuba escapa ás garras do imperio e desmárcase do destino previsto para os países da súa área: desigualdade, miseria, violencia.

A Revolución Cubana é, antes de máis, a posibilidade do socialismo e unha opción de futuro. Cuba, o seu sistema político, económico e social, representa o papel do profeta para o capitalismo, pois xenerando xustiza para os cubanos, denuncia a inxustiza do capitalismo una vez e outra pola soa razón de seguir existindo como país independente, soberano y xusto.

A centralidade do humano trascende asemade na política internacional. A partir do trunfo da Revolución, Cuba non deixou de solidarizarse cos máis desfavorecidos, feito que, en por sí, é un desafío para os países ricos. Esta solidariedade internacional, devén unha denuncia da causa das desigualdades pois non estamos perante un país poderoso a axudar a un país pobre atacado polos desmás da natureza senón dun país pobre, alvo das mesmas desfeitas ca os seus veciños, que non padece as consecuencias do mesmo xeito e conta ainda con recursos para axudar aos demais.

Guerra mediática contra a Revolución.
Dende finais do XIX o mundo vivira dúas guerras e unha terceira composta por dúcias de conflitos. En todas estes enfrontamentos armados, os medios de comunicación xogaran un papel central.

Porén, despois da I Guerra Mundial, os editorialistas estadounidenses recolleron a ensinanza sobre como influir sobre a opinión pública para ter o seu apoio nunha intervención armada. Os media convertiranse en parte central da propaganda que sostén o capitalismo e as guerras contra todo o que se interpoña (intereses nacionais, proyectos emancipatorios, reformas sociais…) ao seu dominio. O xornalista Walter Lippman dirá en 1922 que os medios de comunicación de masas son imprescindibeis para a democracia (quer dicer, o capitalismo) poder existir.

A propaganda contra Cuba trata precisamente de influir nas relacións que a opinión pública establece coa illa e condiciona estas relacións en función dos estereotipos que alimenta. Estes estereotipos ou modelos ideolóxicos, constrúen unha imaxe orientada a acabar coa independencia e os principios de igualdade e xustiza social da Revolución.

O nazismo difundíase a medio das palabras, pero más bien de expresións repetidas millóns de veces e asentadas mediante unha caste de darwinismo semántico, no que as palabras más eficaces permanecían e desaparecían las menos eficaces. Estes mecanismos aparecen corrixidos e aumentados nas democracias modernas.

Economistas e publicistas son as estrelas do neoliberalismo.
No caso de Cuba a imaxen da propaganda do capitalismo espállase a travesio de dous eixos: o sistema político é ditatorial e crea serios problemas materiais e de convivencia ao povo. Ditadura e pobreza, dúas imaxes para promover estratexias de propaganda que abran o camiño a unha intervención para obrigala a renunciar á súa independenza e fragmentando ao povo para este asumir as desigualdades sociais como algo natural, inevitabel.

Para alén das mentiras, das medias verdades, todos os recursos da guerra mediática contra Cuba, diríxense dun xeito ou doutro a fixar estas coordenadas na opinión, para actuaren como categorías, isto é, como formas a partir das cuais coñeceremos a realidade cubana, con independencia da nosa observación direita e mesmo de informacións que contradigan estas categorías. Distintas posicións ideológicas dos media, máis ou menos conservadoras, máis ou menos progresistas, coinciden na posición de partida: o de Cuba non é un sistema democrático.

Cuba sabe que está en xogo algo máis que o seu modo de vida: da continuidade da Revolución depende a continuidade do referente, unha posibilidad real da alternativa al capitalismo existir. E con eles, nós que defendemos a Cuba, xogámonos a nosa humanidades.

Compre non perder de vista que a loita contra os media é a loita contra o contra o Capital, do que se deduce que non é posibel emprender nin lanzar ailladamente outras loitas nas esferas produtivas, culturais e ideolóxicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *