”Cuba erguéu na abolición da escravitude e tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”, dixo Raúl na homenaxe a Mandela

Terra Sen Amos.

Cinco paises comprometidos na desaparición do Apartheid foron invitados polo governo de Pretoria a interviren na homenaxe internacional a Nelson Mandela. Cuba foi distinguida co lugar de honra do derradeiro orador. No protocolo de invitados, Sudáfrica reservou a Cuba o lugar preferente, razón pola que Obama, invitado por razón de Estado, estaba na obriga de saudalo antes dos demais.

As empresas de información do Estado español ao censuraren esta pública distinción da República de Sudáfrica con Cuba, deixaron ao seu público leitor sen un dado relevante do programa de Joanesburgo. A irmandade de ideas entre e Revolución Cubana e a Sudáfrica do CNA, foi o centro do discurso de Raul Castro.

Para Raúl, Mandela é “o símbolo supremo de dignidade e de consagración inclaudicabel á loita revolucionaria pola liberdade e a xustiza; coma un profeta da unidade, a reconciliación e a paz”.

Raúl durante o seu discurso en Joanesburgo”Xunto aos seus compañeiros de loita, guiou ao seu povo na batalla contra o apartheid, decruando o camiño para unha nova Sudáfrica, non racista e unida na procura da felicidade, a igualdade e o benestar dos seus fillos, para superaren a peste do colonialismo, a escravitude e a segregación racial.

Raúl refírese ao primeiro presidente demócrata de Sudáfrica como “exemplo de integridade e perseverancia, que guiou o esfuerzo común contra a eliminación da pobreza, a reducción da desigualdade e a creación de oportunidades para todos”.

Noutra parte da súa alocución, o presidente dos Consellos de Estado e de Goberno de Cuba dixo que Mandela “é un exemplo insuperabel para América Latina e o Caribe, que avanzan cara a unidade e a integración, para mellor proveito dos seus povos, considerando a súa diversidade, coa certeza de ter no diálogo e a cooperación o camiño para a solución das diferenzas e a convivencia civilizada dos que pensan diferente”.

“A Humanidade non poderá responder aos colosais desafíos que ameazan a súa propia existencia, de non facelo a traveso dunha nova concertación de esforzos entre todas as nacións, como a vida de Mandela preconiza”.

”Cuba, que leva nas súas veas sangue africano, erguéu na loita pola independenza e na abolición da escravitude e depois tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”.

”Nunca olvidaremos a emocionada homenaxe de Mandela a nosa loita común, cando nos visitó, 26 de xullo de 1991, e dixo: “o povo cubano ocupa un lugar especial no corazón dos povos de África”.

”Lembro -dixo Raúl- a súa amizade entrañabel con Fidel Castro, símbolo da irmandade entre africanos e cubanos, quen expresou:

“Nelson Mandela non pasará á historia polos 27 años consecutivos que houbera de pasar na cadea sen ceder xamais a súas ideas; pasará porque puido arrincar da súa ialma todo o veleno que puido crear tan inxusto castigo; pola xenerosidade e a sabedoría coa que na hora da vitoria soubo dirixir tan brillantemente o seu povo heroico e fiel, sabendo que a nova Sudáfrica no podería xamais construirse sobre alicerces de xenreira e vinganza”.

Raúl Castro rematou o seu discurso coa seguinte proclama: !”¡Honra e groria eterna a Nelson Mandela e ao heroico povo de Sudáfrica!”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará