Cuba, estragada polo o furacán, envia asistencia médica as Antillas castigadas polo “Irma”

The Independent – Granma (Edición de Terra Sen Amos)

Resistindo ainda a maré e as refoladas do Irma sobre o seu territorio, e con dez mortos provocados polo furacán de forza 5, Cuba non esqueceu a irmáns illas caribeñas de Antigua, Barbuda, San Cristobo, As Neves, Santa Lucia, Bahamas, Dominica e Haití, para as que xa despachou sábado equipas médicas con material sanitario e farmacéutico e 750 brigadistas. O diario londinense The Independent salienta na súa primeira páxina a decisión de Cuba, pais pobre, bloqueado polos EUA, e sen recursos naturais, que decide intervir a prol dos seus viciños, mentres os governos do Norte matinan sobre o xénero e a cantidade de axuda a prestar. Granma convoca a colaboración de todos para reparar a desfeita e dá conta de sete persoas mortas na Habana, unha por electrocucción ao entrar en contacto cun tendido derrubado, outra pola caida dun poste de luz e o resto por derrubamentos causado polo ciclón; en Matanzas, Ciego de Avila e Camaguey, perderan a vida outras tres persoas por non observaren as normas de prevención de accidentes ditadas pola Defensa Civil.

 

Brigadista médica cubana vacina un neno en Haiti en 2010. Cuba foi o primeiro pais en enviar axuda depois do sismo.


The Independent mostra o seu abraio “por unha pequena nación de 11 millóns de habitantes poder presentar tan exemplar expediente de envio de equipas médicas de alta cualificación a terceiros paises” e cita como mostras recentes da heroica intervención cubana as do andacio do Ébola en África nos anos 2014 e 2015, as brigadas sanitarias a Serra Leone en 2014 e os 1.200 efectivos cubanos desprazados a Haiti polo sismo de 2010.

No entanto, as imaxes que deixa Irma ao seu paso por Cuba son estarrecedoras. O xeneral Ramón Pardo Guerra, xefe do Estado Maior Nacional da Defensa Civil (EMNDC) durante a sexta xuntanza do Consello de Defensa Nacional para a Reducción de Danos, comentou que estaban a elaborar un censo de  danos producidos, nomeadamente na agricultura, As calamidades causadas polo furacán atinxen o pais todo, agás Guantánamo, Santiago de Cuba e Granma, onde os danos son moderados. As colleitas máis prexudicadas foron as de banano, arróz e cana de sucre. Na portada do diario Granma, domina o seguinte titular: “CUBA PRECISA DO ESFORZO DE TODOS”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará