Cuba exporta saúde e cultura cercada por un imperialismo que reparte guerra e miseria

Bartolomé Sancho Morey.

Das Universidades de Cuba sairán este ano 10.500 médicos, 5.683 cubanos e 4.843 procedentes de 70 paises dos cinco continentes, entre eles os Estados Unidos. Os graduados son homes e mulleres con alto nível de preparación e de compromiso cos desposeídos do mundo. Dende 1961 até 2012, son máis de 124.700 os médicos cubanos formados nas Universidades da illa e decenas de miles os extranxeiros que cursaron estudos de medicina con bolsas integrais do Estado.

Cuba contaba con seis mil médicos na altura de 1959 pero o pais houbo de resolver con menos de tres mil o convulso periodo da primeira contraofensiva reaccionaria, despois da deserción antipatriótica dos médicos burgueses que preferiron emigrar a Estados Unidos antes de participar no proxecto de sanidade socialista emprendido pola Revolución. Contra esta traición que tan graves problemas orixinou, Cuba é hoxe o pais con máis médicos per cápita do mundo e o seu modelo de sanidade é citado como exemplo pola OMS.

Cuba exporta saúde e cultura cercada por un imperialismo que reparte guerra e miseriaEndebén sexa un país do Terceiro Mundo, pobre en recursos naturais, sitiado diplomática, económica e comercialmente durante más de 52 anos, obxecto de atentados terroristas con milleiros de vítimas e sabotaxes, a Revolución proxectouse internacionalmente con brigadas de mestres, médicos, enxeñeiros, técnicos. Millóns de vidas salvadas, de persoas instruidas, de reconstrucións realizadas, de esperanza recuperada. A viceministra de Exteriores do governo de Noruega, Gry Larsen, durante a firma na Habana do IV acordo entre Noruega, Cuba e Haití, lembrou agradecida o exemplo de Cuba en Haití, a súa presenza naquel país moito antes do sismo, con miles de vidas salvadas.

Tantos anos de cerco informativo contra Cuba, de contrainformación millonaria, produciron un efecto nunca esperado por parte do poderoso sistema de información do capital: o prestixio da Revolución é mais alto que nunca e Cuba é unha luz de esperanza para todo o mundo sometido a tiranía do capital.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *