Cuba: fronte ao cerco, máis democracia

Iroel Sánchez – La Pupila Insomne

“Para nós, igual que para Venezuela e Nicaragua, é evidente que o cerco estréitase”, dixo Raúl Castro 26 de xullo en Santiago de Cuba. O Primeiro Secretario do Partido Comunista cubano resumía con estas palabras o panorama internacional resultante das políticas dos EUA caracterizadas polo desafio ao dereito internacional, a violencia, o entrometimento ou a brosma manipulación da verdade histórica.

Raúl recordaba o 65 aniversário do asalto a segunda fortaleza militar da Illa por un grupo de mozos entre os que estaban él e Fidel, no primeiro intento por derrocar a un ditador que contaba co apoio estadounidense e tiña fartos negocios coa mafia daquel país.

En tempos da súa campaña electoral pola presidencia de EUA, John F. Kennedy víao así: “Se cadra, o pior dos nosos erros foi a decisión de favorecer unha das ditaduras máis sanguentas e represivas da longa historia da represión latinoamericana. Fulgencio Batista asasinou a 20 000 cubanos en sete anos, unha proporción da poboación de Cuba maior que a dos norteamericanos que morreron nas dúas grandes guerras mundiais. Persoeiros da Administración de EUA gababan a Batista e louvábanno como un aliado de palabra e amigo de Lei, na altura de o ditador asasinar miles de compatriotas, arrasar os derradeiros vestixios de liberdade e roubar centos de millóns de dólares ao pobo cubano”.

Con todo, a narrativa hexemónica que chega até o de hoxe, presenta ao goberno cubano como unha ditadura que acabou coa próspera democracia que reinaba na Illa antes de 1959. Unha parte desa narrativa chega a recoñecer a criminalidade de Batista só para lexitimar o que había antes. Porén, a palabra do Presidente asasinado oscuramente en Dallas non é alá máis amábel con esa realidade:

“En 1953 a familia cubana tiña un ingreso de seis pesos á semana. Do 15 ao 20 % da forza de traballo estaba crónicamente parada. Só un terzo das casas da Illa tiñan auga corrente e nos últimos anos que precederon á Revolución este abismal nivel de vida baixou aínda máis ao crecer a poboación, que non participaba do crecemento económico”.

A verdade é que os gobernos electos que antecedieron a Batista caracterizáronse pola corrupción, o gansterismo, o entreguismo e o asasinato de sindicalistas, malia unha Constitución, proclamada en 1940, cuxas avanzadas concepcións para a época, en boa medida defendidas por seis deputados comunistas, nunca se deron aplicado. A Constitución condenaba o latifundio e propuña regular o monopolio no comercio, a industria e a agricultura, pero dacordo co que explica Kennedy, co triunfo da Revolución “as empresas norteamericanas posuían case o 40 % das terras de canabal, case todos os pastos, o 90 % das minas e concesións, o 80 % dos servizos e prácticamente toda a industria do petróleo e fornecían dous terzos das importacións de Cuba”.

Entrevistado pola xornalista Rosa Miriam Elizalde, o intelectual comunista cubano Fernando Martínez Heredia caracterizou así a situación anterior ao golpe de Batista:

“No meu tempo de rapáz, a democracia burguesa en Cuba funcionaba a xeito e mellor ca noutros países. O primeiro obxectivo era que o orzamento nacional fose aprobado polo Congreso. O Presidente da República tiña un Primeiro Ministro, transmitíanse por radio os debates, a televisión recén aparecida tamén se meteu na política e a liberdade de expresión cubana na República burguesa neocolonial non era de unha pseudorepública. De feito era funcional á dominación capitalista en Cuba. Todo o mundo podia opinar para as cousas continuar no esencial sen cambios; por iso todos os partidos políticos cubanos, chegado o momento, estiveron a prol da Reforma Agraria. Porén, só o triunfo militar e político dos revolucionarios puido realizar a Reforma Agraria. Esa foi a experiencia histórica”.

A diferenza da de 1940, a Constitución Socialista cubana de 1976 foi debatida polo pobo e aprobada en referendo; a fronte dos seus redactores tivo a Blas Roca, un dos constiuintes comunistas. Quen fora Secretario Xeral do Partido Comunista cubano, contaba ao xornalista Ciro Bianchi:

“Na Constituinte participáramos con seis delegados, unha representación mínima no grupo de 76 que formaba a Asemblea, e, con todo, o Partido xogara un papel non menor por prantexarmos unha moción e forzarmos a votar. Compría dicer si ou non á xornada de oito horas diarias e de 44 á semana; darmos o si ou o non a unha serie de medidas progresistas coma o reparto de terras aos labregos, as ferias pagas, o dereito á educación, a condea á discriminación racial. Como os que estaban alí serían máis tarde aspirantes a representantes e senadores tiñan que pronunciarse a prol desas medidas para non perder o favor do electorado. De non haber vottación, aquela xente faría retórica, salaios patrióticos e máis nada. Deste xeito enttraran na Constitución de 1940 preceptos avanzados. Ben entendido que despois burláronos ou non fixeron nada por poñelos en prática. E non digamos a eliminación do latifundio, nin sequera contemplada. Quedaba cando menos un programa legal polo que loitar, e influinte, mesmo nas bancadas da dereita”.

Por cambiar as condicións que, sendo candidato, Kennedy describira tan a xeito, e non ousara aplicar como presidente, Cuba en 1976, xa padecera dezasete anos de cerco e agresións estadounidenses. E pesia todo, a Revolución Cubana a traveso dun amplo debate, consolidara a Constitución e a institucionalización socialista do país, co voto favorábel do 97% dos electores.

Cuba sempre respondeu con máis democracia en momentos críticos. Cando a comezos dos noventa do pasado século, Cuba abordara a máis grave conxuntura económica da súa historia coa perda do 75% do seu comercio exterior e a caida dun 34% no PIB pola desaparición do COMECON, Washington recrudecera o bloqueo para aproveitar a ocasión. O Chamamento ao IV Congreso do Partido foi discutido en millentas reunións, celebradas non só en núcleos do Partido, senón tamén en todos os centros de estudo e traballo. Perante a necesidade ineludibel dun axuste fiscal, abordado en 1993 pola Asemblea Nacional, convocáronse por decenas de miles os chamados Parlamentos Obreiros para debater os cambios. Para sancionaren as propostas, estes foros debatiran nos meses seguintes, e as medidas acordadas non entraran en vigor até non remataren os debates populares, en mayo de 1994. Certas medidas foran descartadas polas objeciones dos traballadores.

En 2007, cando o impacto da enfermidade de Fidel creaba incerteza máis aló das fronteiras cubanas, abordábasse a tarefa de continuar a Revolución sen o seu fundador no goberno, no medio das ameazas da administración de George W. Bush, o debate do discurso de Raúl o 26 de xullo na cidade de Camaguey abarcaba todo o pais e as súas formulacións foron a base para elaborar os Lineamientos da Política Económica e Social que logo se someteran ao VI Congreso do Partido e a Asemblea Nacional e guían, renovados con outro debate similar antes do VII Congreso, o traballo do goberno cubano. Outro tanto sucedeu coa Conceptualización do Modelo Económico e Social que é unha das bases do proxecto de Constitución que está a ser debatido dende 13 de agosto en 135 000 asembleas de traballadores, estudantes, militares e veciños.

En moita menor medida, en Cuba tamén está presente, fundamentalmente no ámbito mediático, a influencia do que o ensaista Atilio Borón describe con estas palabras:

“…novas formas dependentes dun pacto estratéxico cos medios de comunicación de masas, os mesmos que a dereita latinoamericana ten polo ronzal. As clases dominantes de EUA suxeitan á prensa dun xeito semellante. A maiores, e grazas aos programas e tácticas denominadas de boas prácticas, eles convidan a Norteamérica a xuíces, fiscais, comunicadores, académicos e xornalistas, e introdúcenos en cursos técnicos nos que definen e pratican a aplicación destes principios no ámbito da xustiza, no xornalismo, o ensino e a investigación. Son de feito cursos de formación ideolóxica e adoutrinamiento (…) unha Escuela de las Américas, xa non para militares, senón para adoutrinar estoutras categorías sociais que son as que realizan as iniciativas destituintes de tanto rumbo na actualidade”.

Descolocados por un debate popular que tanto lles tira o sentido, a flor dos adoutrinados puxo en circulación, dende a maquinaria mediática cociñada durante a administración Obama, a doutrina dunha democracia a gusto dos seus patrocinadores que o pobo cubano xa deixou ben atrás.

Que a democracia cubana é perfectibel? Claro. E unha vía para mellorar esa democracia é a consulta que comeza, sen exclusións, e que abriu as portas para todo cubano/a residente no exterior poder participar.

En situacións críticas as ditaduras responden con máis represión, as revolucións con máis democracia. Sucedeu en Venezuela coa Asemblea Constituinte que acabou coa violencia dun día para outro. Vaian dicirlle aos cidadáns estadounidenses que poden nomear directamente os candidatos ás asembleas das que saen as súas congresistas sen o diñeiro  poder intervir; ou díganlle aos españois que lles asite o dereito a ser consultados sobre o que en 2014 acordaran PP e PSOE para modificaren a Constitución a pedir do antidemocrático Banco Central Europeo e non cos seus cidadáns, para limitar os gastos sociais.

“…houberamos de construír o parlamento nunha trincheira”, dixera o poeta Cintio Vitier. E dende este 13 de agosto, Cuba teimará en dar voz nesa trincheira ás maiorías desprezadas na nova Escuela de las Américas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará