Cuba honra á Venezuela bolivariana horas antes de recibir a Obama

Terra Sen Amos – ACN 19/03/16
A Orde de Martí, a máis alta distinción da República de Cuba, foi entregada sexta feira 18 ao presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro. Cuba, representada polo presidente Raúl Castro e o pleno da equipa de governo, rendeu unha homenaxe á Revolución Venezuelana mentres as comisións de ambos paises asinaron o Plano Anual de Colaboración dirixido a afortalar o intercambio comercial e económico e áreas de interese común. Cuba ratifica ao seu máis alto nivel o compromiso con Venezuela horas antes de o avión presidencial norteamericano pousar na Habana.

Maduro, acompañado do vicepresidente cubano Diaz Canel, aúdan ao público congregado na Praza da Revolución na Habana.
Maduro, acompañado do vicepresidente cubano Diaz Canel, saúda ao público congregado na Praza da Revolución na Habana.

Chegando a Cuba, o presidente Maduro defendeu en Venezolana de Televisión, un novo esquema de traballo para promover proxectos económicos, financeiros, enerxéticos, sociais e culturais no periodo 2016-2030 entre os dous países. A alianza estratéxica entre Caracas e Habana funciona dende a asinatura do Acordo de Cooperación Cuba-Venezuela entre os comandantes Hugo Chávez e Fidel Castro, no ano 2000.

O Secretario do Consello de Estado de Cuba, Homero Acosta Álvarez, dixo no acto de imposición da Orden José Martí, a Nicolás Maduro Moros, que Venezuela enfrontaba incesantes accións violentas e desestabilizadoras por parte da oposición, sumadas a unha cerrada guerra económica e mediática, cismada dende o exterior. Acosta fixo mención expresa da “arbitraria Orden Executiva que cualifica a Venezuela sen sentido nin razón coma unha ameaza grave e extraordinaria para a seguridade nacional dos Estados Unidos”.

O Secretario do Consello de Estado referiuse tamén á “excelente relación existente entre Venezuela e Cuba, paradigma de vínculos fraternais, solidários e de mutuo beneficio y mutuamente beneficiosos entre dúas nacións indivisibelmente unidas por fondos lazos de amizade, afecto e mutuo respecto, forxados nos  combates pola independencia no siglo XIX e pola liberdade definitiva no XX, así como pola sintonía de ideas entre os nosos líderes históricos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará