Cuba pregunta a Eurocámara se non ten interese en tratar do castigo colectivo do Bloqueo

TSA – Axencias

Cuba pregunta á Eurocámara se non ten interese en tratar a intromisión do goberno de Washington contra Cuba e o castigo colectivo que representa o bloqueo, contrario a Lei internacional, que viola os dereitos da poboación e castiga a independencia e o real dereito de o pais comerciar e tratar con quen queira no mundo, liberdade coutada en concreto para a adquisición por Cuba de equipa médica  e fármacos no tempo de excepción da Pandemia.

Outro interrogante de Cuba dirixido a toda a Cámara pide información de cando figurará na orde do día parlamentar a defensa de persoas naturais e xurídicas europeas que ven seus intereses lídimos invadidos polas leis extraterritoriais dos EUA, contrarias a dereito, o que significa que o goberno norteamericano pode multar a quen lle pete na UE en nome dunha súa pragmática anti-cubana.

A Eurocámara vive a contradición de ter admitido a trámite unha pregunta promovida polo Partido Popular (coa axuda de formacións fascistas coma Renovar Europa) sobre o cumprimento da Lei polo goberno de Cuba. Resulta logo que unha formación política española fundada para a continuidade informal do Franquismo e abourada na actualidade por unha marea de procesos contra a corrupción, interesa da Cámara con carimbo de emerxencia, acusar a Cuba de algo. Ou como di a embaixada de Cuba en Bruxelas: “Son claras as motivacións políticas detrás deste show anti-cubano, promovido por eurodiputados españois que teñen saudades do franquismo e (…) esquecen que Cuba deixou de ser colonia de España en 1898”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *