Cuba reclama a intervención da ONU na defensa da soberania do pobo de Venezuela

TSA – Axencias Cubanas

Cuba entende que a institución garante da soberania de Venezuela sexa a Organización das Nacións Unidas (ONU) que é a sede de dereito público internacional responsábel de non permitir que ninguén poida dispor no mundo das atribución recoñecidas só a Venezuela para resolver seus asuntos e defenderse de agresións exteriores.  Este principio básico recoñecido pola Carta de San Francisco (1945) e nunca derrogado, foi recordado na terza feira polo ministro de Estado da República de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla. “Menos de una cuarta parte dos Estados integrantes da ONU viola asuntos internos de Venezuela: compre separar a propaganda da realidade», dixo o ministro.

Pomba da Paz de Picasso, imaxe do Congreso Mundial da Paz (1949) e símbolo da ONU como institución de dereito cuxa función principal seria evitar o recurso as armas e a apocalipse nuclear. O actual goberno dos EUA prefire o perfil do falcón.

Recordou o responsábel da carteira de Estado, as medidas unilaterais, e polo mesmo ilegais. aplicadas contra a República Bolivariana de Venezuela e a intensa e preferente campaña de propaganda que adoita ser limiar de accións de maior degrao por parte do goberno norteamericano, e convocou en nome de Cuba a unha mobilización pola paz, contra a intervención do imperio en América Latina, contra a guerra, por riba de diferenzas políticas ou ideolóicas. “Nestas circunstancias –resumiu Rodríguez Parrila- só se pode estar a prol da paz o en contra da guerra”.

A afirmación de Trump, de que o socialismo promete unidade e só trae odio e división, foi cualificada polo responsábel da carteira de Estado de Cuba de “extraordinario cinismo e extraordinaria hipocresía de parte do representante dun goberno amoral, que non pode intimidar aos que tomamos a opción de construir na independencia e o socialismo os alicerces da nazón. O presidente Trump está nun erro porque o futuro de Cuba é un feito, con ou sen medidas de cerco e o futuro de Cuba é asunto de cubanas  e cubanos”.

“En Venezuela está en xogo a soberanía e a dignidade de América Latina e o Caribe e dos pobos do Sur -engadiu o ministro- e ten tamén a súa hora a  supervivencia das normas do Dereito Internacional e da Carta das Nacións Unidas; defínese se a lexitimidade dun goberno emana da vontade  expresa e soberana do seu pobo ou do albedrio de potencias extranxeiras”.

Na declaración dada a coñecer por Rodríguez Parrilla, o Gobierno Revolucionario reitera a súa firme e invariabel solidariedade co Presidente Constitucional Nicolás Maduro Moros, coa Revolución Bolivariana e Chavista e a unión cívico-militar do seu pobo.

Depois de facer un chamado a todos os pobos e gobernos do mundo en defensa da paz, Bruno Rodríguez Parrilla recordou que Cuba estaba a construir seu futuro e preparábase para sancionar a nova Constitución en 24 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará