Cuba recomenda ao goberno do PP solucionar a represión policial, o paro e a situación dos presos

Cuba recorda a José Manuel García-Margallo, ministro de Estado do Governo do PP, a prioridade de mirar ao seu redor antes de se permitir a arrogancia de dar consellos aos cubanos. “Non é en Cuba onde están os admiradores de Franco e máis lle val a García-Margallo atender o seu”, dixo o vice-ministro cubano de Relacións Exteriores, Dagoberto Rodríguez.

O ministro español ofreceu sábado a esperada proba do que vai ser a política internacional do governo Rajoy: louvamiñar os grandes exportadores de armas e censurar os anti-imperialistas. Nada novo.

Cuba recomenda ao goberno do PP solucionar a represión policial, o paro e a situación dos presosPara un país soberano como Cuba, reservou o inaceptábel sutaque de paciencia esgotada de quen se ten por inventor do canon da xustiza e do rigor democrático. Esquece o imprudente ministro que o soto do seu departamento é un museu de colonizacións fracasadas con retornos traxicómicos coma o da illa de Perejil (iniciativa do seu partido) que como modelo de Democracia asume en silenzo cada ano un posto de saída entre os Estados que pratican a tortura e que repite o recurso de prometer unha investigación a cada que axentes armados maltratan á cidadanía indefensa.

“O seu Goberno –comenta o xornal Granma- debería preocuparse pola represión policial contra manifestantes pacíficos e atender a ruin situación das cadeas, e, secomasí, resolver os graves problemas que enfrenta, como a crise económica e o continuo incremento do paro que afecta a más de cinco millons de persoas, maiormente de idade moza”.

Na fotografía á beira, o ministro García-Margallo anuncia a Clinton en Washington: “¡España ha vuelto!”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *