Cuba reduce a 4,0 a taxa de mortalidade por 1.000 nados vivos

Lisandra Fariñas – Granma

Cuba reduciu en 2017 a taxa de mortalidade infantil a 4,0 por cada 1.000 nados vivos, a cifra máis baixa na historia da sanidade da illa e un dos mellores indicativos no mundo, segundo informou Roberto Morales ministro de Saúde Pública, nunha comparecencia na que deu conta da estatística do exercicio. “Este fito é un refrexo da integración de todo o sistema asistencial do país, que se manifesta en vidas salvadas, en  calidade de vida, e en benestar e satisfacción para o pobo”, dixo o ministro que anunciou tamén a redución doutras incidencias a respecto do ano anterior: os casos de baixo peso ao nacer, desceran de 5,2 a 5,0 por cada 100 nacementos; as taxas de mortalidade materna, de 42,6 a 38,0 por cada 100.000 nados vivos, e a escolar, de 2,1 a 1,7 por cada 10.000.

Cuba reduce en cada exercicio o indice de mortalidade en neonatos e mesmo adianta en sanidade a paises ricos e depredadores de recursos.

A sanidade de Cuba, pais de escasos recursos naturais e bloqueado por EUA, supera os resultados de varios estados do primeiro mundo depredadores de reservas do planeta, e ao mesmo tempo a illa adianta a moitas nacións ricas en entrega solidaria e desinteresada de axuda médica e de intervención internacional en casos de forza maior, como ven de suceder co paso do esmagador ciclón Irma polo Caribe.

A resultas do desenvolvemento e mellora da rede de xenética, o número de falecidos por cada 1.000 nados vivos, desceu un 0,9; no entanto,  o programa para o control do cancro detivera  o crecemento da mortalidade por esa enfermidade mentres se mantén a eliminación de padecimientos como a poliomielitis, difteria e o tétano e, nos neonatos, a tosferina, o sarampelo, a rubeola e a parotiditis, asi como a transmisión materno-infantil do VIH.

Doutra parte, a esperanza de vida ao nacer continuou crecendo na Illa e xa alcanza os 78,45 anos, con 80,45 anos para as mulleres e 76,50 para os homes. A actividade cirúrxica elevou o número de intervencións a 989. 209, o que representa unha suba de 5.326 e a continuidade do ascensso dende hai seis anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará