CUBA RESPONDE A BUSH CON DOCE PUNTOS

O ministro de Relacións Exteriores da República de Cuba produciu unha puntualizacion inmediata ás últimas declaracións do presidente norteamericano.

Se o ocupante da Casa Blanca procura unha axenda política para a illa, O Chanceler Felipe Pérez Roque entende que ésta deberia incluir os seguintes doce puntos:

1. -O goberno dos Estados Unidos debe respectar o dereito dos cubanos á súa independencia, á súa soberanía, á libre determinación, a ter as súas institucións, o seu sistema político e as súas leis.

2. -O goberno dos Estados Unidos debe cesar de inmediato a súa política de agresións e ameazas contra Cuba, inútiles por demais, que se estrelan contra a coraxe e decisión de ser un pobo libre.

3. -Debe deixar de intervir groseiramente nos asuntos internos de Cuba, e renunciar á fracasada idea de fabricar unha oposición interna na Illa con diñeiro dos EE.UU. O goberno dos EE.UU. debe deixar de financiar a grupos mercenarios contra Cuba.

4. -O réxime de Bush debe poñer fin ás accións subversivas contra Cuba así como á guerra radial e televisiva. Desmontar as mal chamadas Televisión e Radio Martí, que ensucían o nome do Heroe Nacional de Cuba e alentan a violencia, o asasinato político e a sabotaxe económica.

5. -O goberno dos EE.UU. debe arriar de inmediato e sen condicións o bloqueo contra Cuba, para o cal debe derrogar as leis Helms-Burton,Torricelli, e todas as que conforman ese enxendro.

6. -Ten que eliminar a prohibición de os cidadáns norteamericanos viaxaren a Cuba, que é a violación dun dereito plasmado na súa Constitución e eliminar a prohibición de visitas familiares aos cubanos que residen alí, en violación dos seus dereitos.

7. -O goberno de EE.UU, debe deixar de estimular a emigración ilegal dende Cuba, eliminar a Lei de Axuste Cubano e a política que estimula o tránsito de persoas e a comisión de actos violentos co fin de emigrar. «Vostede é o responsable dos que aínda morren no mar -dixo o Chanceler cubano que lembrou que o Governo de Washington debe cumprir os acordos migratorios, e conceder o número de visas acordado para que poidan emigrar legalmente de Cuba. Ten que cumprir os seus compromisos de devolver a Cuba aos interceptados no mar, para non incitar esa clase de emigración”.

8. -O goberno de EE.UU. debe cesar as agresivas campañas de propaganda sucia e mentiras contra Cuba, cebada con máis recursos económicos que nunca.

9. -Debe liberar os cinco loitadores anti-terroristas cubanos, presos políticos nas cadeas norteamericanas.

10. -O presidente Bush debe extraditar a Venezuela ou levar perante a xustiza dos Estados Unidos ao terrorista Luis Posada Carriles, hoxe en liberdade xunto a Orlando Bosch grazas á conxura das máis altas autoridades norteamericanas. Ambolosdous son ex-axentes da CIA e terroristas adestrados por ela. O goberno de EE.UU. protéxeos porque teme que digan o que saben. O Presidente está na obriga de eliminar a impunidade dos grupos terroristas que aínda hoxe aparecen nas canles de TV de Miami facendo instrucción con armas pesadas en preparación dunha agresión contra Cuba.

11. – O goberno de Estados Unidos debe cesar de inmediato o centro de torturas que creou na Base Naval de Guantánamo, onde se aplican contra os prisioneiros as prácticas prohibidas nas convencións internacionais sobre detidos. E ten que volver a Cuba o territorio que ocupa alí ilegalmente.

12. -O presidente de EE.UU. ten que cesar as presións contra a comunidade internacional no sentido de esixir apoio á política do seu réxime contra Cuba. «Vostede fracasará. Atopará se cadra algún aliado que por falta de valor consinta en apoialo. Pero vostede non ten que respalde esa política”, dixo o Chanceler Pérez Roque.

(Máis información en http://www.prensa-latina.cu/ ou en www.granma.cu)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará