Cuba solidaria contra a pandemia en todo o mundo e bloqueada por Trump

Enrique Moreno Gimeranez – Granma

Mentres o bloqueo arrecia, non hai fronteiras para as brigadas médicas de Cuba
Non hai fronteiras para as brigadaas médicas cubanas mentres o bloqueo reléalle medios con ameazas para terceiros e a calumnia imperial contamina a diario.

Os resultados da Maior das Antillas no combate ao novo coronavirus non aparecen por estes días nos titulares dos grandes medios de prensa. Outra vez reina o silencio cando este verde caimán empínase e salva vidas, golpe a golpe contra á covid-19, sen escatimar esforzos nin recursos, e desafiando un bloqueo que persiste e dana, limita e encarece. No medio desa loita sen tregua pola saúde da nosa xente, comparte tamén cos que nos necesitan en momentos difíciles, máis aló das nosas fronteiras.

A verdade está ante os ollos do planeta. Esta vez tampouco poden ocultala, nin con campañas ou terxiversacións, nin con todo o ouro do mundo. Da digna loita de Cuba fronte á covid-19, do desvelo permanente dos seus líderes na batalla contra a pandemia e da súa vocación solidaria noutras latitudes, dan fe o noso pobo e os seus irmáns do mundo.

O logrado por esta Illa en tempos de coronavirus débese á Revolución, que con grandes sacrificios sostén desde hai varias décadas un sistema de Saúde Pública, universal, gratuíto e accesibel ao 100 % da poboación cubana, cuxo centro é o ser humano e non o capital.

Falta aínda para vencer esta batalla, mai Cuba logrou manterse nun escenario favorabel na loita contra a pandemia. A nosa industria biofarmacéutica e outros centros científicos desenvolven hoxe 70 investigacións e ensaios clínicos, amais de medicamentos para o tratamento desta enfermidade, solicitados por decenas de nacións.

«A utilización de dous fármacos novos para o control da reacción hiperinflamatoria que se produce na fase aguda, de neumonia, da Covid,  incrementou as taxas de supervivencia de pacientes graves por encima do 80 % e dos críticos en máis do 75 %», de acordo co ministro de Saúde Pública, José Anxo Portal Miranda.

O noso sistema sanitario garante, desde hai décadas, taxas de mortalidade infantil e esperanza de vida semellantes ás de moitos países desenvolvidos e, ao peche de 2018, un nivel de inmunidade  do 98 %, con 14 enfermidades infecciosas erradicadas (11 delas por vacinas, das cales oito son de produción nacional) 9 que non constituían problemas de saúde e 29 enfermidades transmisibeis controladas.

Con todo, outra é a realidade de pobos irmáns da Patria Grande. De a pouco, a OMS declarou que América Latina é o novo epicentro da covid-19, episodio que se suma ao lastre de ser a rexión máis desigual do planeta, ás décadas de saqueo dos seus recursos naturais e as consecuencias do neoliberalismo.

No medio deste complexo panorama na nosa América, non podemos permanecer indiferentes. Como fixera con anterioridade no foro do Movemento de Países non Aliñados e na Asemblea Mundial da Saúde, Cuba reiterou este xoves 27 de maio, na Reunión de Traballo Virtual entre Parlamentos Latinoamericanos e do Caribe, a súa solidariedade cos pobos da rexión e do mundo.

A vicepresidenta da Asemblea Nacional do Poder Popular, Ana María Mari Machado, ao intervir no debate lembrou que, sen descoidar a protección do noso pobo, 28 brigadas de profesionais cubanos da Saúde incorporáronse aos esforzos de 24 países para combater a pandemia. A nómina de 28 000 colaboradores que xa prestaban servizos en 59 nacións, recibía un novo continxente a pesar da campaña do Goberno dos EUA contra a cooperación médica cubana co obxectivo de desacreditala e sabotala.

Que outros promovan o odio, as guerras e mentiras e, mesmo, o silencio. Esta terra prefire dar exemplo con accións, ofrece o mellor dos valores da súa xente, e segue andando de irmá polo mundo, incansabel, na defensa da vida.

Traducido ao Galego para TSA por Moncho Fernández Leal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará