Cuba supera a Estados Unidos e Inglaterra en atención a infancia, nun inquérito de Save the Children

La Habana (Prensa Latina).

Cuba é o primeiro país de Iberoamérica en atención á saude da infancia e no cuidado integral dos cativos e supera aos Estados Unidos, Inglaterra e Alemania. Un recente inquérito da organización “Save the Children” sitúa a Cuba no oitavo lugar do mundo entre 161 países.

A valoración de “Save the Children” faise en base a tres indicadores principais: a proporción de médicos, persoal de enfermeiría, comadronas e outros traballadores sanitarios por cada mil habitantes. Tamén ten en conta a estatística de nenos vacinados contra a difteria, o tétano e a tos ferina e mais a proporción de mulleres que dan a luz coa asistencia de personal especializado. Cuba presenta mellores indicadores que Alemania, Rusia e Francia, nas posicións 10, 11 e 12 respectivamente; o Reino Unido e os Estados Unidos ocupan os lugares 14 e 15. España sitúase no posto 32.

Cuba supera a Estados Unidos e Inglaterra en atención a infancia, nun inquérito de Save the ChildrenNo intre de publicar este cadro de honra da atención integral da infancia, o Ateneo de Madrid presentaba os dous primeiros capítulos de “Las razones de Cuba”, serie televisiva na que se mostra cómo dende territorio norteamericano foran trazados e executados numerosos ataques terroristas contra o pequeño país caribeño. Unha parte desas agresións consistiron na propagación de andacios, como foi o caso comprobado dunha letal variedade do dengue hemorráxico que a investigación médica cubana deu identificado e controlado.

Dende hai máis de cincuenta anos, un dos hábitos de intervención de Norteamérica contra a nación cubana consiste no bloqueo de medicamentos e material médico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará