Cuba ten ben dereito a celebrar a vitoria contra doce césares

Doce presidentes do pais máis rico e armado do mundo que fracasaron na teima de acabaren con Cuba.

Rosa Miren Elizalde – La Jornada

Clandestina, un pequeno negocio privado que vende roupa con deseño nacional na Habana Vella, colgou 7 de novembro esta mensaxe na Rede: “O drama rematou”. Tres palabras que resumen a sensación colectiva de alivio ao saber que haberá novo presidente en Estados Unidos despois do 20 de xaneiro.

Non celebra a vitoria de Joseph Biden, mais expresa a emoción do condenado ao que lle afrouxan un pouco os grillóns. Está por concluír a peor administración da historia estadounidense: a que, no medio dunha pandemia mortal, executou unha criminal lista de sancións que non parecía ter fin e que afectou a sociedade cubana de todas as formas posibeis.

Donald Trump castigou aos cubanos sen máis motivo que o que leva a un can grande a tentar apoderarse dun óso: cortou as remesas, perseguiu os barcos petroleiros, aganou as finanzas, golpeou ao turismo e calumnió ás brigadas médicas que enfrontaron o coronavirus. Amaiores, fachendeou que unha gavela de colaboracionistas emigrados na Florida daríanlle o catro anos máis na Casa Branca.

Que outra personaxe da política estadounidense pode xerar máis noxo?  Quen non compartiría ese sentimento cara a quen había gañar entre os cubanos non só a reputación de asoballador, senón a de cómico de antroido. Francisco Rodríguez Cruz, un xornalista de agudo sentido do humor, pedía con sorna ser xustos co presidente republicano: “Os únicos no goberno de Trump que traballaron bondo, foron os da oficina contra Cuba”. E até eses están a abandonar o barco.

Mauricio Claver-Carone, arquitecto da política cara a Cuba e Venezuela na Casa Branca e actual presidente do Banco Interamericano de Desenvolvemento, felicitou a Biden pola súa vitoria.  Debeuno sentir Trump como unha navallada nas costas. A ninguén estrañaría un chío do mandatario lembrando a Claver-Carone que foi él quen o tirou dun escuro lobby anticubano en Washington para convertelo en en conselleiro xefe da súa política para Latinoamérica, antes de catapultarlo ao Banco Interamericano de Desenvolvimento.

Alivio por despedilo mais non entusiasmo a rebordar. A sicóloga Raíña Fleitas comentou a IPS que Biden prometera unha política menos restritiva cara á illa, “pero moitos políticos prometen e non cumpren, ou fanno parcialmente, e iso obríganos a non crearnos falsas expectativas”.

O politólogo Esteban Morais, coautor dun libro esencial para entender a historia das relacións entre os dous países, titulado De la confrontación a los intentos de normalización. La política de los Estados Unidos hacia Cuba, coida que aínda que afrouxarán as presións de Washington, “nunca desaparecerá o lastre de querer controlar á illa, que foi a intención e o destino da política norteamericana”.

O presidente Miguel Díaz-Canel tamén foi prudente: “Recoñecemos que, nas súas eleccións presidenciais, o pobo de EE.UU. optou por un novo rumbo. Cremos na posibilidade dunha relación bilateral construtiva e respectuosa das diferenzas”, que traducido á romance popular, segundo Paquito Rodríguez Cruz, ven ser “o mesmo despedir con foguetes un canalla sabendo que non vai ser o derradeiro”.

Outros cubanos decidiron festexar a couce que millóns de estadounidenses déronlle ao ricacho, pero por razóns que teñen que ver máis coa historia entre ambosdous países, que coas eleccións. Trump é o presidente número 12 que, desde 1959, tenta destruír a Revolución cubana sen conseguilo.

Luís Toledo Sande lembra que “Cuba ten ben gañado o dereito de celebrar a derrota de doce césares empeñados en dobregala”. Outros utilizaron tamén a analogía de A Vida dos Doce Césares, malia reparar na sentencia máis soada dese famoso libro de Suetonio: “O carneiro mudará de lan, mais de condición non”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará