DEFENDENDO A CUBA DEFENDÉMONOS

A manipulación informativa sobre Cuba

Belén Gopegui

Non hai razón nin principio nin argumento posible con que defender o bloqueo a Cuba dos Estados Unidos e de todas as empresas, situadas en distintos países do mundo, vinculadas economicamente a empresas dos Estados Unidos.

O bloqueo non é unha mera sanción económica abstracta senón que detrás do bloqueo, como sempre ocorre na economía, hai vidas concretas. Só dous exemplos:

  • A firma Intervet, de Holanda, fornecía a Cuba unha vacina de inmunización animal. Pero o goberno norteamericano informou a esa empresa do risco que corría. A vacina contén un tanto por cento dun antíxeno producido nos Estados Unidos: aos directivos de Intervet-Holanda notificóuselles que de continuar coas vendas poderíaselles, ademais de multar, pechar as súas sucursais en territorio estadounidense. Vidas concretas, vidas dos traballadores desa empresa holandesa, vidas dos animais na Illa, vidas das persoas que traballan cos animais, etcétera.
  • Os nenos cubanos con tumores óseos non poden ter acceso ás chamadas endopróteses para substituír amputacións. Estas endopróteses aumentan de tamaño a medida que o neno vai crecendo, solicítanse de xeito individual e deben estar listas no momento da operación. Como os Estados Unidos non acceden a venderllas a Cuba, é difícil que cheguen a tempo desde outros países máis afastados. Vidas concretas, a diferenza entre crecer con dúas pernas ou cunha soa, con dous brazos ou cun só.

Son exemplos de entre centos de miles que poderían tomarse.

Mentres dura, cada un dos días desde fai catro décadas, esa agresión ilexítima, os que defendemos a Cuba temos nos nosos países que atender a outra clase de agresión, sen dúbida menor pero constante e ante a que resulta difícil combater en igualdade de condicións. Trátase do uso da mentira amparado e non só amparado, a miúdo propugnado polos grandes medios de comunicación.

Temos que ler día tras día como houbo 75 disidentes que foron condenados a penas de prisión en Cuba, dise, méntese, por expresar libremente as súas ideas. É moi sinxelo demostrar que non foi así. O foron por executar feitos co obxecto de que sufrise detrimento a independencia do Estado cubano. O foron por colaborar coa lei norteamericana do bloqueo, e sabemos que, por exemplo, en Canadá colaborar con esa lei tamén é un delito pois de tal modo enténdese que atenta contra o dereito que ten todo Estado a elixir, sen inxerencias externas, o seu sistema político, económico e social.

Sabémolo, pero é cansado sabelo e non podelo dicir publicamente. Neste sentido, cando tanto se fala de liberdade de expresión, algún día debese empezar a dicirse que a liberdade real de expresión consiste, como mínimo, en poder replicar no mesmo medio e co mesmo espazo a cada mentira que sexa publicada. Quen defendemos a Cuba temos que buscar a verdade en lugares distintos aos grandes periódicos ou as grandes emisoras. Pero a verdade está, polo momento polo menos, accesible aínda que non sexa por camiños chans.

Debemos seguir buscando esa verdade. E non porque a Revolución cubana necesite que o fagamos, senón porque nós necesitámolo. Porque defendendo a Cuba defendémonos. Porque se abandonásemos á Revolución cubana abandonariámonos a nós mesmos. Entre as mentiras que se lanzan contra Cuba figuran ás veces supostas violacións dos dereitos humanos. Deberiamos recordar a quen tanto usan esas dúas palabras, que os dereitos humanos aos que acoden teñen unha lexitimidade revolucionaria. Foron proclamados logo de loitas duras e difíciles. Aínda así, sabemos ben que son moi poucos quen gozan realmente deses dereitos, poñamos á educación, á asistencia médica, ao traballo, poñamos ata á vida. Sabemos máis, sabemos que eses dereitos ás veces están formulados de xeito confuso: ¿que é o dereito a un nivel de vida adecuado? ¿Adecuado talvez en función da clase social á que se pertenza? ¿Ou que é, por exemplo, o dereito a unha limitación razoable da xornada de traballo? ¿Razoable para quen, para o empresario, ou para o traballador?

Sabemos, para rematar, que a loita da Revolución cubana, que é a nosa, é a loita contra os mecanismos que impiden que eses dereitos sexan de todas as persoas, mecanismos que, en ocasións, poden estar ata dentro da mesma declaración. Dereito á liberdade, de acordo, dereito a todas as liberdades menos, dicimos, á liberdade dunhas persoas de explotar a outras.

Defendemos a Cuba porque non queremos que nos exploten, que nos mintan, que nos enchan do medo pequeno e servil que vai facendo as cidades máis angostas, as rúas máis escuras, as habitacións máis soas, as vidas máis diminutas e tristes e acovardadas.

Defendemos Cuba coas mesmas palabras que Bertolt Brecht escribiu un día na súa canción das boas xentes.

A Revolución cubana resulta mellor cando se coñece. A Revolución cubana invita a mellorala, porque ¿que é o que a un faille sensato? Escoitar e que lle digan algo.

Pero, ao mesmo tempo, mellora ao que a mira e a quen mira. Non só porque nos axuda a buscar comida e claridade, senón, máis aínda, énos útil porque sabemos que vive e transforma o mundo.

Fonte: Kaos na Rede

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *