Denuncian o dobre xogo de Donald Trump con Cuba

Albino Presedo (Miami)

Donald Trump, candidato do Partido Republicano á presidencia dos EUA, meteuse na bouza da mentira, a inmoralidade máis perseguida nos aspirantes á Casa Branca. Trump xurara  en 1999 non facer nunca negocios na comunista Cuba, mais agora sábese que un ano antes de tan gallardo desafio, enviara padriños a Habana para investir na illa. A seguir e mentres loitaba pola candidatura do seu partido, Trump concordou co propósito de Obama de mudar a relación con Cuba e non lle doeron prendas hai dúas semanas en Miami, para prometer unha nova ruptura coa illa, o mantemento do Bloqueo e acusar Obama de transixéncia coa Revolución. Trump representa o dilema de moitos negociantes norteamericanos, temerosos de perder comba nun pais veciño que se renova e interesa en todo o mundo, e arrepiados perante as críticas de colaboraren cos anti-capitalistas.

 Newsweek revela o dobre xogo Trump con Cuba e ao candidato republicano fáltalle tempo para visitar  Miami disfrazado de George W. Bush.
Newsweek revela o dobre xogo Trump con Cuba e ao candidato republicano fáltalle tempo para visitar Miami disfrazado de George W. Bush.

O millonário Trump quer demonstrar que diñeiro compra tudo mais non sabe como contentar a contra-revolución de A Florida. A revista Newsweek acusa ao candidato de ter pagado 80.000€ a unha equipa de asesores da sociedade Seven Arrows para informar sobre oportunidades de negocio inmobiliário en Cuba. Coma un delincuente de sainete que xoga a catro bandas, Trump promete cunha man a continuación do Bloqueo até as calendas gregas e coa outra fachendea de espírito libertário e reclamar a urxente abolición da criminal inxeréncia a Cuba, que dura xa 57 anos e produciu danos por máis de un billón de dólares. Non ignora Trump que a Asemblea Xeral da ONU condena anualmente por aclamación o crime do asexo a Cuba coa sóa excepción do voto en contra de EUA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *