Dez anos perdidos, de Obama a Trump, na campaña polo “Non”

Iroel Sánchez – Granma

O dia de sancionar nas urnas a Constitución, choveron noticias falsas: camións a cruzar -só en Chíos (Twits)- as fronteiras con Venezuela, e protestas masivas na Habana onde dous berraban e ninguén respondia; varios filmaban e entre eles escoitábase Viva a Revolución Cubana. Son só dous exemplos. O día D dos inimigos de Cuba e Venezuela, primeiro volveuse d (de dúbida) e rematou en de (de derrota). Para Cuba, e tamén para Venezuela, comezaba o día V (de vitoria). Por ambasdúas, o pobo cubano votou masivamente polo Si no referendo.

Votantes en espera no Referendo do dia 24 na Habana. No medio da cola, o presidente de Cuba, Miguel Diaz-Canel.

Derrotados sucesivamente, na última etapa dun enfrontamento que xa dura 60 anos, quen primeiro dixo que ao pobo non lle interesa o debate da nova Constitución, a seguir denunciou que non habería transparencia nos resultados da deliberación, e, máis tarde, que non se terían en conta as formulacións do debate no proxecto. Por fin, caídos todos os pretextos, din agora que a campaña polo Si foi abafadora e non deixou falar ao Non.

A verdade é que a campaña polo Non comezou hai dez anos, cando creron, chegado o momento para a transición ao capitalismo pluri-partidista, coa non postulación de Fidel á xefatura do Estado. Un multimillonario de Miami ofreceuse a finanzar o proceso e o Comandante sentenciou: que barato nos queren comprar. Un dos colaboradores do rico confirmouno hai nada: perdemos exactamente dez anos neste empeño.

Unha Cuba pluripartidista. A crenza cega nun sistema no que a oligarquía, cando non pode gañar , dá un golpe de Estado e os poderes mediáticos e económicos votan diariamente pola minoría que os controla? A moderación da política exterior para seren aceptados por Washington,  cuxas embaixadas están detrás de cada conspiración antidemocrática en América Latina, e o culto desmedido á riqueza que denunciara Martí ? No está lonxe do recoñecemento do mercado e a propiedade privada para a redistribución cada vez máis xusta da riqueza, que proclama a Constitución que votamos? Eis o seu programa, que puideron explicar libremente nos debates, pero quedou en total minoría, porque o Partido que os convocou e organizou non foi o do sectarismo, senón o da unidade. Na definición de Fidel: “Unidade significa compartir combate, riscos, sacrificios, obxectivos, ideas, conceptos e estratexias, aos que se chega mediante debates e análises; unidade significa a loita común contra anexionistas, vendepatrias e corruptos que non teñen nada que ver cun militante revolucionario. A esa unidade sobre a idea da independencia e contra o imperio que avanzaba sobre os pobos de América, é á que me referín sempre”.

Para o Non traballou Barack Obama, ao declarar ameaza insólita e extraordinaria a Venezuela, aliada económica principal de Cuba, obrigada a reducir a metade dos seus comisos de petróleo á Habana. Para o Non traballaron Rubio e Bolton con Bolsonaro, reducindo os ingresos cubanos por colaboración médica, e Mike Pompeo que amagou 45 días de prazo para atacar co título III da Lei Helms-Burton.

Millóns e millóns (50 cada ano é a cifra pública récord, dende tempos de Obama) que superan calquera orzamento cubano, investidos en meterlle paus nas rodas ao internet co que se navega dende a illa e nas mesmas políticas estadounidenses de bloqueo, que traballaron de xeito significativo na promoción do Non. Como proba, abonda dicer que unha organización con base en Miami, que usa o nome de Deus para facer subversión contra Cuba, recibiu 2 302 464 dólares do Goberno estadounidense de 2009 a 2017 para salvar unha sociedade perdida na opresión e o oprobio.

A mesma fonte (o sitio Cubamoneyproject) divulgaba o anuncio do Ministerio de Estado (Asuntos Exteriores) dos EUA, para premiar ideas de novos proxectos que promovan a democracia en Cuba. Segundo a convocatoria, as organizacións seleccionadas recibiránde 500 000 a 2 millónsde dólares para faceren realidade as súa ideas. Polo Non acaba de turrar o Presidente do país máis poderoso do mundo, Donald Trump, cando prometeu erradicar o socialismo do hemisferio occidental.

O voto deste 24 de febreiro confirmou o triunfo da véspera para a dignidade de América. A maiores do hiper-democrático proceso da nova Constitución cubana, é claro que se a Maduro, co 67 % do voto popular e menos abstencionismo ca os seus obxectores Trump, Macri e Piñera, inténtano botar do goberno a ferro e fouce, os cubanos sabemos que pasaría no caso de o SI non pór o ramo, como puxo, nun beiral tan alto.

Quen honradamente, dende o seu criterio persoal, sen formar parte dunha campaña inimiga, expresou un critério diferente, non ten por que sentirse derrotado. A derrota é só para os inimigos da Patria e para aqueles que nesta hora preferiron apuntarse na nómina dos traidores. Os beneficios, dereitos, garantías e deberes que a nova Constitución cubana referenda, son para todos, pensen como pensen e voten como voten. A todos convocou e a ninguén excluíu o seu proceso aberto.

Non importa que xa estea en marcha a enésima estratexia, pagada polos mentireiros de sempre, para disfrazar o seu fracaso contumaz. Lembren aquel dito famoso, tan repetido durante a visita do Papa Juan Pablo II a Cuba, no que Fidel camiñaba sobre as augas e un dos libelos contrarrevolucionarios titulaba: Castro está moi mal, xa nin nadar pode.

Co noso voto gañamos o dereito a seguir mellorando o país, a traballar por resolvermos nosos problemas, a eliminar atrancos propios e enfrontar os alleos, a facelo en paz e con todos os cubanos e cubanas de ben, que son a inmensa maioría.





Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará