Eddy E. Jiménez lembrará hoxe en Marín a Frank Pais, Mártir da Revolución Cubana

Terra Sen Amos – Redacción

Eddy E. Jiménez, escritor e profesor da facultade de Xornalismo da Universidade da Habana, amigo de Galiza e autor traducido ao Galego, intervirá hoxe 16 na Homenaxe a Frank Pais, que se vai celebrar na Casa Cultural do Seixo, en Marín,  ás 20,00. O mestre e combatente revolucionário cubano Frank Pais, lider do Movimento 26 de xullo en Oriente, organizara a Revolta do 30 de novembro en Santiago de Cuba en defensa táctica dos expedicionarios do Granma. Xefe de Acción y Sabotaje do Movimento 26 de xullo e integrante da súa Dirección Nacional. Frank nacera en Santiago de Cuba no seo dunha familia emigrante de Marín, unha das razóns pola que a solidariedade con Cuba comemora decote a efeméride do Mártir da Revolución, que fora asasinado en plena mocidade polas forzas represivas de Fulgencio Batista o 30 de xullo de 1957, nun control de rúa en Santiago de Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *