Emigrantes en Caracas protestan contra a visita de Albert Rivera

Terra Sen Amos –  Caracas

Martes 24 un grupo de emigrantes en Venezuela protestou pola visita presidente de Cidadáns, Albert Rivera. A manifestación traspasou as barreiras de seguridade da Asemblea Nacional en Caracas cando entraba o político lerrouxista español acompañado do presidente da cámara e mostrou ao seu paso bandeiras de Galiza e pancartas nas que era acusado de desprezo dos mortos do Franquismo e das guarimbas. Ao escoitaren as voces de “Fascista fillo do Franquismo”, os gardas do presidente da Asemblea, Ramos Allup,  cargaron contra a manifestación, racharon as pancartas e conduciron ao grupo de manifestantes fóra do recinto pola forza. Os medios de comunicación pública de Venezuela deron conta da protesta e informaron de Albert Rivera ter de sair pola parte traseira da Asamblea, achantado nun coche de seguridade. A TVG informou do incidente no telexornal do mediodía do 25.

Os manifestantes mostran aos medios os cartaces rachados na porta da Asemblea.
Os manifestantes mostran aos medios os cartaces rachados na porta da Asemblea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *