En Cuba non hai maltrato a presos

Nota da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.

Medios de comunicación que militan dende hai anos contra a independenza de Cuba e o seu dereito a procurar a xustiza e a igualdade, perden as formas editoriais e lanzan unha campaña de graves incorreccions políticas contra a Revolución.

O pretexto é a morte nun hospital do preso Orlando Zapata, cando estaba a ser tratado das secuelas dunha prolongada folga de fame. A Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” quer rectificar algunhas afirmacións saidas da máis intransixente militancia anti-comunista e espalladas con irresponsabel impaciencia por ventiladores públicos e privados.

En Cuba non hai maltrato a presos1º A cualificación de “martir da oposición” é unha tráxica burla contra o home que ven de perder a vida a pesar dos esforzos do sistema médico cubano. Orlando Zapata era un preso común que fora posto en liberdade baixo fianza no ano 2003 despois de ser procesado polos delictos de “violación de domicilio” (1993), “lesións menos graves” (2000), “estafa” (2000), “lesións e tenencia de arma blanca” (2000), feridas e fractura de cráneo ao cidadán Leonardo Simón, con machete, como tamén por “alteración da orde” e “desordes públicos” (2002), entre outras causas. A oportunidade de se presentar como vitima do sistema legal cubano, levara a Zapata a tratar sucesivamente con catro grupos politicos opositores sen dar formalizado o ingreso ou a organización en ningún deles.

2º Pregoeiros debedores de partidos manifestamente reaccionarios, avogan por intervir contra Cuba polo feito lamentabel da morte de Orlando Zapata cando os médicos batallaban por lle salvar a vida. Esquecen que hai cincuenta e un anos, os governos dos Estados Unidos causan a Cuba graves danos mediante a negación da súa soberanía, a inxerencia nas súas relacións co mundo e por man de accions terroristas contra o Estado da Revolución. A que nova intervención se refiren eses medios cando reclaman castigos contra o povo de Cuba?

3º No último informe anual de Amnistia Internacional, os Estados sinalados como “obxectivos prioritarios” polas violacións de dereitos humanos son España, Chequia, Colombia, Estados Unidos, Israel e Mexico. Pola contra, AI recoñece nese sumario anual que en Cuba “non hai maltrato a presos”. Se os primeiros acusan a Cuba, nesta hora de confusión interesada, será coa van e desleal esperanza de transladar a outros os graves vicios que eles mesmos padecen.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará