Ernesto Cardenal, grande amigo de Cuba e símbolo da Teoloxía da Liberación

Rosa Bastabales

Ernesto Cardenal, grande amigo de Cuba, declarábase revolucionario e non político, estilo de solidariedade sen normas que o levaba a cismar cos seus camaradas naturais baixo o cargo intermitente de traizoaren a esencia da loita. Lonxe de restablecer a política, puña en risco a Revolución. Foi así deica o final, domingo 1 de marzo, con 95 anos, cando ainda prometía un novo e definitivo volume de versos. Gran poeta e convencido odiador da organización, tanto na loita anti-imperialista como na súa condición de crego do Cister. Símbolo da Teoloxia da Liberación, condenaba a xerarquía romana a que acusaba de se deitar coa CIA. A seguir , e pésia súa condición de ministro de Cultura do primeiro goberno Sandinista, fincaba de xeonllos aos pés dun pontífice inimigo a morte da Teoloxía da Liberación. Amigo e admirador da obra de Celso Emilio Ferreiro en cuxa casa de Madrid foi frecuente convidado, Cardenal era herdeiro maior da poesía de Neruda ao que porén acusaba de sectarismo.

Ricardo Alarcón de Quesada impón a Orde de José Martí a Ernesto Cardenal (2003)

Madeleine Sautié recorda en Granma o probado compromiso anti-imperialista do poeta e di que Cardenal foi para Cuba amigo entrañábel, particularmente para a Casa das Américas, onde publicara una antoloxía poética e fora xurado do Premio Literario.

Cardenal recibira a Orden José Martí, que entrega o Consello de Estado de la República de Cuba por feitos probados a prol da Paz e a Humanidade, con recoñecimento explícito da súa lealtade a Revolución. De Cuba dixo: “A miña experiencia en Cuba foi decisiva, a máis importante da miña vida depois da miña conversión relixiosa (…) Foi a miña conversión á Revolución. Antes, coidara que debíamos buscar un terceiro camiño na América Latina, pero en Cuba fun descobrer que o camiña era o que tomaran eles e que habia que defender a súa Revolución”.

Sautié di que é preciso manter a figura grande do poeta, teólogo da liberación, amigo dos pobres e da revolución, e recordar a súa obra poética da que cita como exemplo Somoza inaugura a estatua de Somoza no estadio de Somoza:

Non é que eu sospeite que foi o pobo quen me chantou este monumento/ pois sei mellor ca vós que fun eu quen o mandou erguer/ nin que teña mentes de pasar con esta estatua a mellor vida/ porque sei ben que o pobo vai tumbala no que o demo frega un ollo/ nin que eu teña a querencia de verme en estatua mentres viva/ nun monumento que vós non me faredes nunca/ A verdade é mandei chantar a miña estatua porque sei que vos repugna !

Roberto Fernández Retamar, falando da entrega da distinción, asinada por Fidel Castro en 2003, dixo que a vida de Ernesto Cardenal fora a cada etapa máis da Revolución e do pobo e recordou un poema seu de 1972 no que fundiu as súas dúas divisas vitais: Comunismo ou reino de Deus na terra, que son a mesma cousa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *