Estados Unidos protexe terroristas contra Cuba mentres mantén na cadea aos cinco presos cubanos

Estados Unidos aplica un inhumano castigo aos cinco presos cubanos mentres defende ao terrorista ao seu servizo Posada Carriles. Máis de 300 delegados de 50 países, reunidos en Holguín para o VI Coloquio Internacional pola Liberdade dos Cinco e contra o Terrorismo, acordaron salientar a natureza eminentemente política da condena norteamericana contra os cubanos.

Graciela Ramírez, presidenta do Comité Internacional pola Liberación dos Cinco Heroes cubanos, foi a encargada de dar leitura ás conclusións. Recordou que mentres os Cinco gardan inxusta prisión, connotados terroristas internacionais son homenaxeados en universidades de Miami, como foi o caso de Orlando Bosch Ávila; o criminal Luis Posada Carriles só será xulgado por mentir ás autoridades migratorias, e non por ser terrorista e responsabel da morte de miles de seres inocentes.

Estados Unidos protexe terroristas contra Cuba mentres mantén na cadea aos cinco presos cubanosRecentes declaracións do terrorista internacional Francisco Chávez Abarca, man dereita de Luis Posada Carriles, detido en Venezuela o pasado primeiro de xullo e extraditado a Cuba, revelan os plans contra a illa, Venezuela e outros países da rexión, cociñados con total impunidade dende EE.UU. A falta de resposta á solicitude de extradición do criminal Luis Posada Carriles a Venezuela, cursada hai máis de cinco anos polo goberno bolivariano, e a negativa de extraditar a Arxentina a Roberto Guillermo Bravo, autor do asasinato de 16 presos políticos, móstranos a real dimensión do goberno de EE.UU. que carece de moral para falar de dereitos humanos e de loita contra o terrorismo.

A Asemblea do VI Coloquio Internacional pola Liberdade dos Cinco e contra o Terrorismo acordou ampliar o traballo con parlamentarios, sindicalistas, relixiosos, personalidades e movementos sociais asi como levalo aos seus homólogos nos EE.UU.

Propón igualmente solicitar pronunciamentos do Parlamento Europeo, Parlacen e Parlatino e empregar as diferentes resolucións, mocións e outros documentos que xa foron aprobados polos parlamentos con anterioridade.

Asemade recomenda facer uso do documento recentemente emitido por “Amnistía Internacional” sobre os Cinco en todas as oportunidades propicias e especialmente envialo a membros do goberno da Administración estadounidense e ao Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias de Nacións Unidas.

Continuará a mobilización e a convocatoria de xornadas internacionais de solidariedade cos Cinco do 12 de setembro (aniversario dos seus arrestos) ao oito de outubro, destacando o seis de outubro declarado por Cuba “Día das vítimas do terrorismo” e o oito de xuño aniversario da inxusta sentenza de culpabilidade dos Cinco.

Endebén procuraranse novas instancias de comunicación para a verdade chegar a todas e todos e ampliar a divulgación do caso dos Cinco nos máis vastos sectores sociales. Outro dos acordos é convocar en Washington unha conferencia internacional coa ppresenza de personalidades de EE.UU. e diferentes países que demanden o Presidente Obama facer uso das súas facultades e outorgar a liberdade aos Cinco; pór cabo ao bloqueo xenocida contra Cuba e respectar a vontade dos pobos do mundo.

A Asemblea esixe o outorgamento de visas para todos os familiares e en especial para Olga Salanueva e Adriana Pérez á Comisión Internacional polo Dereito a Visitas Familiares e continuar estimulando as iniciativas e accións dos comités.

Outros obxectivos son a demanda de liberdade para os Cinco, por parte de artistas, personalidades e líderes de opinión, a través das súas relacións con medios de prensa escritos, radiais, televisivos e medios alternativos mediante carteis, postais, cartas, chamadas telefónicas, impresos, filmacións, tanto a nivel local, nacional e internacional. Identificar un cantante coñecido que estea disposto a escribir unha canción sobre os Cinco e buscar cantantes de diferentes partes do mundo que a interpreten de consuno. Recomendase asemade organizar conferencias sobre o caso dos Cinco en universidades norteamericanas e noutras con xuristas recoñecidos.

Esíxese tamén o cesamento da impunidade, o desmantelamento das organizacións terroristas que campan en Miami asi como o xuízo e castigo aos asasinos. Reproducir o documental “Razóns de Cuba” que contén as declaracións do terrorista internacional Francisco Chávez Abarca, para denunciar as formas do terrorismo contra Cuba e os nosos pobos e utilizar a dixitalización da nova gráfica por os Cinco, para ampliar a súa reprodución nos diferentes países.

As voces de “Cese a inxustiza!” e “Liberade xa “! foron o colofón da Asemblea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *