Estados Unidos teima en manter a Cuba na lista da trata de persoas

Granma-Terra Sen Amos

O governo de Estados Unidos teima en condenar a Cuba na pésima categoría (nível 3) da trata de persoas. O baremo anual do ministerio de Relacións Exteriores (State Department) valora en tres apartados os esforzos dos governos do mundo por combatiren a trata.  Para Cuba reserva a cualificación dos governos que ignoran de vez os dereitos das persoas.

consulta

O ministerio de John Kerry coloca aos Estados Unidos entre os que cumpren as normas (nível 1) e arrumba a Cuba no inferno dos  paises sentenciados a sancións das institucións internacionais de crédito. A coartada do ilegal  bloqueo económico e político de Cuba é evidente.

O panóptico da política mundial segundo a secretaría de Estado de Kerry, aproba a cadea de Guantánamo, alimentada con secuestros do exército norteamericano en todo o planeta, premia governos colaboradores do imperialismo e a seguir suspende a Cuba por mirar pola saúde, educación e dereitos básicos do povo coas cualificacións máis altas das axencias da ONU. Por riba, Cuba, que padece dende 1960 o bloqueo dos Estados Unidos,  ten o mellor Indice de Desenvolvemento Humano do mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará