Estrea en Vigo do documental Matrioschkas, sobre catro meniñas da guerra acollidas pola URSS e Cuba

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e a Asemblea Republicana de Vigo presentan en en Vigo o filme Matrioskas que nos achega a extraordinaria historia de exilio e resistencia contra o fascismo de catro meniñas da guerra e das viravoltas e azaros que houberan de vivir no seu percurso dende as frontes da guerra do 36 até ao refuxio da Unión Soviética e o seu derradeiro translado a Cuba. A idea e realización do documental é da xornalista basca Helena Bengoetxea quen formou parte da equipa fundadora do xornal internacionalista Cuba Información.

Helena Bengoetxea presentará o filme MARTES 22 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 nos Multicines Norte e dialogará coa audiencia para tratar aspectos concretos do seu traballo e circunstancias e sucedidos da rodaxe.

Pódese reservar entrada entrando nesta ligazón, con só premer no horario da proxección :https://multicinesnorte.eu/venta-de-entradas/

 Dende as asociacións que convocan a estrea deste revelador e valioso documental, agradecemos a difusión da cita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *