EUA fracasa nun novo intento de expulsar Venezuela da OEA

Prensa Latina –Terra Sen Amos

Fracasou o goberno de Washington ao retentar a expulsión de Venezuela da Organización de Estados Americanos (OEA) pois que, para a moción prosperar, EUA precisaba o voto do 70% mais resultou que abstencións e votos en contra representaron o 44%. A OEA votaba en tempos coma un obediente “Ministerio das Colonias”, sempre a prol dos intereses do Imperio, mais dende a fronteira do novo século, non lle saen as contas.

Jorge Arreaza, ministro de Estado de Venezuela, denunciou a alta vara caciquil do vice-presidente dos EUA Mike Pence contra as temidas abstencións, mais os feitos probaron que prevalecera a dignidade. “Nin todas as ameazas dos EUA puideron contra a bravvura e dignidade das nacións do Caribe. Venezuela ten dereito a retirarse da OEA cando asi o dispoña o goberno da República”, explicou Arreaza en referencia ao proceso de saida da organización iniciado por Venezuela en abril de 2017.

Arreaza ratificou que Venezuela honraria compromisos contraidos coa organización, endebén nada empeceria o cumprimento da decisión anunciada polo Goberno Bolivariano en 2017 de abandonar a OEA. “Non podemos continuar nunha organización que viola o dereito internacional”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *