EUA son o primeiro infractor de Dereitos Humanos, segundo un informe do Consello de Estado de China

Axéncia XINHUA – Terra Sen Amos

O Departamento de Estado dos EUA publicou 13 de abril o seu informe de dereitos humanos no mundo en 2015 no que, como xa ten por norma, evita mencionar a súa própia realidade. Facendo uso de datos contrastados, procedentes da estatística norteamericana e de organismos internacionais, a Oficina de Información do Consello de Estado de China, publica un completo informe sobre os dereitos humanos nos EUA no que salienta abuso da autoridade sobre a poboación, en especial sobre afro-americanos e latino-americanos; prevaléncia da clase adiñeirada sobre o sistema electoral e de governo; maltrato crecente de menores, ascenso das mortes causadas polo sistema de libre acceso ás armas, a poboación carcerária máis alta do mundo e degradación en aumento das cadeas, en maioria entregadas a interese privados; detidos sen instrucción nin xuizo xusto e inxerencia armada arbitrária con danos de lesa humanidade en paises terceiros aos que negan calquera dereito, incluidos o de defensa e reclamación ante instancias internacionais.

O facho das liberdades agacha o desprezo sistemático dos Dereitos Humanos en todo o planeta.
O facho das liberdades pratica o desprezo sistemático dos Dereitos Humanos en todo o planeta.

A evidencia das infraccións, facilitada pola axéncia Xinhua, refírese ao ano 2015 e salienta que o uso privado de armas,  fóra de control, representa unha ameaza maior para o dereito á vida. Os frecuentes casos de incidentes con armas de fogo abraiaron a opinión pública mundial en 2015. Ata 28 de decembro, producíranse un total de 51.675 casos de disparos sobre persoas, que resultaron na morte de 13.136 e lesións noutras 26.493.

Non se deu garantido a seguridade persoal fronte o excesivo uso de violencia por parte de axentes armados. Ata 24 de decembro de 2015, a policía provocara a morte de 965 persoas por disparo. O abuso de poder por parte dos axentes non deu nunca lugar a medidas disciplinarias. En Baltimore producíronse protestas pedindo Xustiza para Freddie; os manifestantes tomaron a rúa en Chicago para reclamar xustiza pola morte de Laquan MacDonald; e en Minneapolis acamparon no exterior dunha comisaría de policía despois de Jamar Clark morrer por disparos da policía.

O sistema carcerário norteamericano está comesto de corrupción, con violacións graves dos dereitos humanos dos internos e a piques de ser totalmente privatizado.  En 1980 había medio millón de presos; no 97 renteaban millón y medio; no 2009 xa atinxiran 2,3 millones e hoxe sobardan tres millóns. A represión é un negocio ben máis rendivel ca a prevención. Casos coma o dos gardas dunha prisión de Florida, que queimaron con auga quente nunha ducha ao interno enfermo mental, Darren Rainey, con resultado de morte, dan conta do clima internos nas cadeas. Os gardas do Correccional de Lowell, a maior cadea de mulleres do país, presionaron a centenares de presas para consentiren relacións sexuais a cambio de protección e de cubrir necesidades básicas. Un total de 57 internas morreron mentres estaban neste centro no curso dos últimos 10 anos.

A alianza hexemónica do capital prevaleceu sobre os dereitos políticos dos cidadáns, que non foron salvagardados de xeito efectivo. Empresas e persoas influiron nas eleccións presidenciais a traveso de entregas de diñeiro para recibiren depois importantes favores. O sistema político transformouse nunha poderosa ferramenta dos grupos de presión. Un reducido número de familias e grupos de presión inflúen nas eleccións co seu financiamento. A vontade popular foi secuestrada pola política de faccións en Estados Unidos, que impón os seus intereses ao Partido Demócrata e ao Partido Republicano, con desprezo da vontade popular.

Os dereitos económicos e sociais do povo norteamericano non foron atendidos polo governo. En 2014, había 46,7 millóns de persoas vivindo na pobreza e cada ano, alomenos 48,1 millóns de persoas aturan situacións de inseguridade alimentária. En 2015, máis de 560.000 persoas en todo o país estaban sen teito. O 79 por cento dos estadounidenses coidan que é máis doado que a xente de clase media deixe de selo que ascender dende ese nivel. Existen aínda 33 millóns de persoas en Estados Unidos sen seguro médico, e 44 millóns de traballadores do sector privado, en torno ao 40 por cento do total, non ten acceso a baixas por enfermidade remuneradas.

As relacións entre razas nos EUA situáronse no seu peor momento en máis de dúas décadas. O 61 por cento dos cidadáns dei o máis baixo cualificativo as relacións entre razas no país. A discriminación racial inflúe poderosamente na aplicación da lei e a xustiza. O 88 por cento da poboación negra coida que recibe un trato inxusto da policía e o 68 por cento dos afroa-mericanos opinan que o sistema de xustiza criminal ten un nesgo racial. Os brancos acumulaban 12 veces a riqueza dos negros e case 11 veces a dos latino-americanos. O soño americano nin aparece no imaxinárrio de moitas familias afro-americanas e hispanas.

A situación das mulleres está a deteriorarse e os nenos viven nun ambiente preocupante. Por cada dólar de salario que reciben os homes, as mulleres  reciben 79 céntimos. A porcentaxe de mulleres en situación de pobreza incrementouse ao longo da pasada década, ao pasar do 12,1 por cento ao 14,5 por cento. A Organización Internacional de Traballo das Nacións Unidas indicou que Estados Unidos é o único país industrializado que non conta cunha lei xeral para prestacións monetárias ás mulleres durante a baixa por maternidad. Un 23 por cento das estudantes universitarias denuciaron seren vítimas de contactos sexuais non consentidos. Producíronse polo menos dous incidentes con disparos en escolas ao mes en 2015, e case dous nenos morreron de media cada semana por disparos accidentais. Máis da cuarta parte dos adolescentes maiores de 15 anos mortos a causa de feridas, falecen en incidentes relacionados con armas. Un 45 por cento dos menores de 18 anos viven por baixo do limiar da pobreza. En torno a unha quinta parte dos nenos estadounidenses viven en familias con caréncia de alimentos.

Violando de xeito brutal os dereitos humanos noutros países, EUA tratou poboacións enteiras como lixo. Os ataques aéreos lanzados sobre Iraq e Siria mataron miles de civís. EUA tamén realizou ataques con abesouros (“drones” en Inglés, máquinas voadoras non tripuladas) en Paquistán e Iemen de forma indiscriminada, causando a morte de centos de civís. O exército estadounidense bombardeou 3 de outubro un hospital de Médicos sen Fronteiras na cidade afgana de Kunduz, no que morreron 42 persoas. Desafiando a condena internacional, EUA non pechou aínda o campo de detención da bahía de Guantánamo, que funciona dende hai 14 anos e no que aínda están encerradas perto de 100 persoas, ás que negan proceso xudicial depois de seren sometidas a detención arbitraria.

Informe completo en

http://spanish.xinhuanet.com/china/2016-04/14/c_135278994.htm

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *