EuroLat reclama en Lisboa o fin do bloqueo contra Cuba

Terra Sen Amos – Cubadebate

EuroLat, a Asamblea Parlamentar Euro-Latinoamericana reunida en Lisboa reclama o fin do Bloqueo dos EUA contra Cuba ao tempo que condena o Golpe de Estado en Brasil e a nova campaña  terrorista contra o governo democrático de Venezuela. A Asemblea de EuroLat sesiona anualmente en plenárias e comisións e é lugar de encontro e concertación de forzas e partidos progresistas. Á cita de Lisboa asistiron 18 de maio 50  deputados do Parlamento Europeo e 75 do Parlatino, Parlacen e outros parlamentos latinoamericanos. A declaración final inclúe tamén a urxente promoción do acordo entre Cuba e a UE, a derogación da chamada posición común instada polo Partido Popular español e a devolución do territorio ilegalmente ocupado pola Base Naval de EUA en Guantánamo. Tamén foi proposta e aprobada unha moción a prol da retirada de todos os recursos de inxeréncia legal, comercial e económica contra Cuba.

Máis de cen parlamentários europeos e latinoamericanos pediron na Asemblea da EuroLat o fin do Bloqueo.
Máis de cen parlamentários europeos e latinoamericanos pediron na Asemblea da EuroLat o fin do Bloqueo.

Luis Morlote Rivas, Vicepresidente da Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente de la Asamblea Nacional do Poder Popular, representóu a Cuba na Asemblea. No debate interviron parlamentários de Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, Uruguai, España, Portugal, Bolivia, Ecuador,  Salvador e Perú, entre otros que respaldaron por aclamación a denuncia realizada pola delegación de senadoras e senadores do Brasil para condenar o golpe contra a Presidenta Dilma Rousseff. O documento también fai referéncia positiva ao proceso de paz de Colombia. A declaración foi presentada en conferéncia de prensa.

Con ocasión da Asemblea, celebrouse un acto solidário con América Latina organizado polo Comité Portugués por A Paz , a Asociación de Amizade Portugal-Cuba e a central sindical CGTP, no que interviron parlamentários de Brasil, Venezuela, Argentina, Bolivia, Ecuador, Salvador, Uruguay a máis de Ilda Figueredo, Presidenta do Comité Portugués pola Paz e Augusto Fidalgo, Presidente da Asociación de Amizade Portugal Cuba.

 Morlote confirmou o  camiño socialista escollido polo povo de Cuba e enviou mensaxes solidarios á presidenta do Brasil e o presidente de Venezuela. Na sesión pública, á que sistiron máis de 400 persoas, escoitáronse voces contra o Bloqueo e a prol da devolución do territorio cubano ilegalmente ocupado por EEUU.

No plenário inaugural, o deputado cubano saudou ao Primer Ministro de Portugal Antonio Costa e posteriormente atendeu un programa de contactos con deputados e deputadas portugueses de diversas forzas políticas, entre elas Antonio Filipe, Presidente do Grupo Parlamentar de Amizade, a deputada Idalia Serrao, vicepresidenta do Grupo de Amizade e Secretaria da Presidéncia da Asemblea da República portuguesa, e Paulo Neves, membro da Comisión de Relacións Exteriores e Presidente do Instituto de Promoción de América Latina. Na súa condición de Vicepresidente primeiro da UNEAC, Morlote visitó a Manuela Judice, Presidenta da Casa de America Latina e a Pilar Saramago, Directora da Fundación Saramago e viúva do Nobel de literatura portugués.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará