Fabián Escalante recorda 634 atentados fallidos contra Fidel

Fabián Escalante – CubaSigueLaMarcha

A figura de Fidel, lembrada nestes días en todo o mundo como exemplo de tenacidade, disciplina, valentía, solidariedade, optimismo, e visión de futuro, iluminou o recordo dos numerosos planos, complots e conspiracións argallados nos EUA durante máis de medio século para asasinalo. Investigacións fundamentadas, proban que en 41 anos os serizos de seguridade de Cuba coñeceron e desmantelaron 634 complots homicidas contra o líder da Revolución, en diferentes estadios de elaboración, deles 60 dirixidos pola CIA, e en 10 casos con participación probada da Mafia, triste marca que ningún outro líder mundial alcanzou na historia da Humanidade e iso sen contar outros que non trascenderon.

O xeneral Fabián Escalante, axente imprescindibelna protección do Lider da Revolución.
O xeneral Fabián Escalante, axente imprescindibel na protección do Lider da Revolución.

A información procede dos arquivos da Seguridade do Estado, dos procesos penais incoados aos autores e intermediários dos atentados, das sentencias dos Tribunais, e de documentos desclasificados nos EUA. Velenos poderosos, dardos mortais, fusís para cazar elefantes, armas de alta precisión e ben máis recursos foron deseñados, preparados, ou utilizados para convertiren o magnicidio en realidade.

E non só tentaron asasinar ao Líder da Revolución senón tamén danar a súa imaxe e desacreditar as súas ideas: con pulverizacións de narcóticos que lle derramasen o sentido, campañas mediáticas para denigrar o seu pensamento e executoria, con toda a creatividade e poderío tecnolóxico e científico da superpoténcia mundial posto a disposición dese fito.

Películas, documentais, narracións en banda deseñada, conferéncias en Universidades de todas as latitudes, campañas radiais e televisivas, en fin, o posible e imposibel foi realizado, con elevados orzamentos, endebén fracasasen unha vez e outra; a imaxe e o pensamento do líder cubano afortalábase e proxectaba luz sobre  pobos irmáns.

No mundo, moitas persoas preguntaban o porqué desta teima criminal dun pais tan poderoso por eliminar, asasinar e sepultar as ideas dun home, que, lonxe de agredilos, loitaba á fronte dun pequeno país pola independencia e a soberanía do seu pobo, por atinxir niveis de vida superiores para os seus compatriotas, por practicar o internacionalismo de xeito militante e desinteresado e por dar exemplo de conduta revolucionaria. A orixe desta xenreira estaba se cadra na executoria mesma da Revolución cubana, realizada a só 90 millas dos EUA.

A xerarquia do poder dos EUA non estaba preparada para un desafío de tal natureza, vindo dunha América Latina considerada dende Monroe o seu patio traseiro. Case unha cidade máis do Império era A Habana, destino de férias onde os viciños do Norte chegaban para ppoxar en casinos e  consumir drogas, con gobernos delegados que atendian en todo seus desexos e requerimentos.

Máis de 1.000 millóns de dólares alcanzaban os investimentos norteamericanos en Cuba antes da Revolución, centrais azucreiros, empresas de servizos públicos,  inmobiliarias, grandes industrias, clubes, campos de golf, hoteis, refinerias de petróleo, en fin os principais emprendimentos, eran propiedade norteamericana, incluídos os inversionistas da Mafia que acubillaran no país para convertilo en prostibulo internacional.

Gobernos corruptos coma os de Ramón Grau, Carlos Prio e Fulgencio Batista, asegurábanlles aquel paraíso para os seus investimentos e lecer, que segundo os proxectos daquela altura deviría nun Las Vegas do Caribe. Mais o primeiro de xaneiro de 1959 atopáron que naquela apracible e até entón bucólica Illa do Caribe, manifestárase, cabo de máis de 25 meses de loita armada en serras e chairas, unha verdadeira Revolución, que logo mudaria a situación mediante un programa de transformacións sociais, políticas e económicas sen precedentes no continente americano: un golpe nos alicerces do Imperio norteamericano.

As reformas agraria e urbana, a baixa das tarifas de electricidade e telefónicas, a construción de escolas, o desterro do xogo e a corrupción, a derrota en Girón dos mercenarios apadriñados por EUA, o éxito da grande campaña de Alfabetización que eliminou o analfabetismo, e a nacionalización das principais propiedades norteamericanas en Cuba, pola súa sabotaxe e oposición ás medidas sociais realizadas, foi a pancada que abalaba ao poderoso viciño do norte e deixábao espido fronte a opinión pública mundial.

Aconteceu todo a luz do Caribe, transmitido de cacho para cribo polas emisoras de radio e a televisión, estreada dende habia pouco e deseñada para dominio da conciencia do pais. O povo cubano, do mesmo xeito que outros no Mundo, coñecía, día a día e até os máis mínimos detalles aquel extraordinario proceso que se realizaba en Cuba e mudaba o xeito de  facer unha Revolución. Nunca antes o enxeño brillara tan alto na pantalla.

Seis de agosto de 1960, no estadio de pelota do Cerro capitalino, ateigado de espectadores e transmitido pola TV, Fidel e os líderes revolucionarios proclamaron ao Mundo, a nacionalización de todas as empresas norteamericanas e a finalización das súas operacións en Cuba. Algo inaudito para o Imperio, que coidou o seu vaso rebordado.

Poucas semanas máis tarde, en setembro dese ano, aproveitando unha visita de Fidel á ONU na cidade de Nova York, a CIA contratou á Mafia para asasinalo. Algo que aparece probado nos seus arquivos desclasificados. Os EUA lanzaron a partir daquela unha cacería que habia continuar por máis de cincuenta anos, e, como é ben sabido, constituiu un completo fracaso.  A Revolución continuaría o seu proceso e meses depois proclamaría o seu carácter Socialista.

Nestes anos de loitas e vitorias, Fidel co seu talento e ética forxou un estilo de facer política que anos despois, ao comezo do presente século, definiría coma Concepto de Revolución.

A política desprestixiada e prostituída, enlamada por longos anos de corrupción, conspiracións e cobizas manifestouse coma algo novo e diferente, para servir aos intereses da Patria e da humanidade do mellor xeito, e no noso caso, de construír unha sociedade con todos e para o ben de todos, algo que desfiaba o concepto de democracia representativa na versión do Imperio, coma nivel máis elevado da democracia.

Desde entón hai dous tipos de democracia, a deles, a que dan nome de representativa (aínda non sei ben por que) prostituída e corrupta como as recentes eleccións naquel país amosaron, e a socialista cubana, consagrada na existencia dos nosos poderes populares, na concepción mesma da estructuración e formación da sociedade civil e na defensa dos dereitos humanos fundamentais, endebén sexa necesario perfeccionar ainda.

É a política que Cuba desenvolveu consecuentemente neste último medio século e non só para beneficio dos intereses dun país, senón da Humanidade, ben sexa apoiando a todos aqueles que loitaban pola súa independencia e liberación; enfrontando e vencendo aos exércitos do Apartheid, liberando povos de África nunha campaña militar sen precedentes históricos; levando ensino e asisténcia médica aos últimos recantos do Mundo ou alertando sobre a hecatombe ambiental que se nos vén enriba.

Nunca antes se vira un líder só interesado e ocupado na resolución de tan disímiles problemas: unha epopea de tal natureza foi a que decidira a EUA lanzar sobre Fidel a condena de morte. Mais os seus complots criminais atoparon o fracaso e o mesmo acontecerá coas novas ameazas imperiales aparecidas no horizonte, logo das eleccións norteamericanas. Cuba é un bastión das ideas de Fidel, da solidariedade, dos dereitos humanos, do socialismo.

Non puideron eliminalo físicamente, morreu cando e como él quixo, logo dunha longa e proveitosa vida ao servizo do seu pobo e da Humanidade. Fidel estará por sempre no noso corazón e máis no noso pensamento.

Fabián Escalante é Xeneral do Exército de Cuba e ex-responsábel da seguridade do Líder da Revolución. Ao triunfar a Revolución, tiña 18 anos e estaba na cadea como militante das Xuventudes Socialistas; dous anos depois, en 1961, xa formaba parte do servizo de seguridade da Presidéncia dende o que daría evitado 636 intentos de asasinato urdidos contra Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *